O Concello renovou os vestiarios do Estadio Municipal da Sangriña
Realizouse tamén a renovación do alicatado existente con reposición de azulexos danados e novo pavimento cerámico nos almacéns
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal do Concello da Guarda que preside o alcalde en funcions Antonio Lomba Baz, fixo público no día de hoxe que "ven de finalizar a renovación e adecuación dos vestiarios das instalacións deportivas do Estadio Municipal da Sangriña, unhas obras que se realizaron ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
O proxecto, redactado polos técnicos municipais, conlevou renovación das duchas cun novo sistema anti-vandálico, realizando unha nova instalación vista en aceiro inox e instalación de grifos mezcladores con temporizador para economizar auga. Realizouse tamén a renovación do alicatado existente con reposición de azulexos danados e novo pavimento cerámico nos almacéns.
Renováronse as fiestras e portas dos vestiarios instalando unhas novas en aluminio, así como a instalación de dous extractores de aire con sistema higroscópico para a mellora da ventilación.
De igual xeito o proxecto contemplou a renovación da totalidade da pintura das instalacións coa retirada da pintura existente, así coma o cambio do teito do acceso aos vestiarios dende o campo.
O investimento total destas obras de mellora, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, ascendeu a case 21.400,20€ IVE incluído".
Ningún comentario:
Publicar un comentario