Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Dentro dos eventos da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, que este ano celebrou súa 42ª edición; no recinto feiral de Silleda houbo varios certames paralelos e 200 actividades. De entre elas, no referente as caninas, compre salientar as propostas arredor do Can de Palleiro ou Pastor Galego, unha raza autóctona galega que ata finais da década dos 90 do pasado século, atopábase en perigo de extinción.
Grazas ao empeño de persoas como o veterinario Mauricio Alonso, entre outras, que en 1999 comezaron o labor de recuperación desta raza con tan só 45 exemplares, e grazas tamén, o Club Raza Can de Palleiro, con sedes en Coles (Ourense) e en Narón (A Coruña), hoxendía podemos decir que este raza volta a ter á consideración que tivo noutrora.
Nesa liña o Club Raza Can de Palleiro ven de organizar o "X Concurso Monográfico da Raza Can de Palleiro Semana Verde de Silleda 2019". Nese evento puderon participar todos aqueles Cans de Palleiro debidamente inscritos no Libro Xenealóxico maiores de 3 meses debendo contar coa obligatoria clasificación de "Apto para Reproducir" aqueles exemplares maiores de 18 meses.

O X Monográfico Can de Palleiro celebrouse na nave nº 3, pista central do Recinto Feiral de Silleda.
Máis a nova, que ademais da paulatina recuperación da Raza Can de Palleiro, consideramos máis importante, é que por segundo ano consecutivo, a cadeliña "Cora", de raza Can de Palleiro (Pastor Celta), foi premiada novamente en Silleda. Nesta edición acadou o 1º premio en adultos femias, e o 2º premio, en machos/femias.
Cora naceu o día 11 de xaneiro de 2017. Seus proxenitores chámanse "Lúa" e "Aron", e son duns veciños de Mesía (A Coruña), que os teñen para gardalo gando.
Desde Mesía ata A Guarda, "Cora" chegou onde a nós grazas a disposición dos referidos veciños de Mesía e a vontade de Sara Pacheco Fernández, unha xoven guardesa que adoitou con moito agarimo a esta cadeliña e que como podemos comprobar non deixa de reportarlle satisfaccións.
SAIBAMOS MÁIS SOBRE O CAN DE PALLEIRO
Orixe da raza
Segundo o estándar racial do Can de Palleiro, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 91, do 11 de maio de 2001, trátase dun "can de tronco indoeuropeo, o seu agriotipo foi o principal antepasado dos cans de campesiño de Centro Europa, acompañando os pobos precélticos atlánticos, centroeuropeos e nórdicos nas sucesivas ondas de invasións (celtas, suevos, visigodos e normandos) que poboaron a vertente atlántica noroccidental da Península Ibérica; compartindo unha orixe común cós pastores belgas, holandeses, de Picardía, Castro Laboreiro, alemáns, etc. e foron mesturadas moi frecuentemente con este último.
É o can de granxa por antonomasia que existiu dende sempre en Galicia; recibe o nome de Can de Palleiro en alusión o palleiro onde adoita durmir.
Área de orixe e dispersión
Comprende toda a zona atlántica noroccidental da Península Ibérica.
Atópase en toda Galicia, o longo do agro galego. Hai animais por terras de Lalín, Dozón, Rodeiro e Agolada (Pontevedra), nos concellos ourensáns de Allariz, Celanova, Xinzo de Limia, A Merca, O Irixo, en terras dos Ancares e interior da provincia de Lugo, así como distintas zonas da provincia da Coruña.
Temperamento e comportamento
Can pastor e de garda, polivalente, pois tanto vai coas vacas a rreándoas e gardándoas como tamén coida da casa. Gardián de proverbial intelixencia, presenta un carácter forte e reservado cos estraños, sendo ademais valente e trabador, características que o fan un gran colaborador na condución e garda do gando. Con gran fidelidade para co seu amo, coa xente da casa tórnase doce e tranquilo.
É necesario destaca-la estabilidade psíquica e equilibrada deste animal, propio dun can pastor, polo que este trazo débese coidar con extremo, fomentando a selección de exemplares equilibrados e suficientemente socializados".
Nova relacionada
Nova relacionada
Ningún comentario:
Publicar un comentario