A GUARDA CELEBROU O DÍA DO SEÑOR COAS TRADICIONAIS ALFOMBRAS DE FLORES E DE SAL
Nesta edición a climatoloxía aconsellou que a procesión fose pola tarde
Na imaxe vista parcial de dous dos tramos alfombrados da rúa Concepción Arenal
Fotos: Infogauda
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Tal e como prevíase, a choiva fixo acto de presenza na mañanciña - arredor da 01.00 h. - deste domingo día 23 de xuño de 2019. De tódolos xeitos, e por ese motivo, as/os alfombristas xa tiñan determinado non comezar a execución dos tapices florais ata ás 08:00 h., aproximadamente, para traballar cunha certa tranquilidade, toda vez que a procesión do Santísimo Sacramento quedara aprazada para a tarde deste domingo.
Por esa razón, tódolos grupos de alfombristas adicaron ás ultimas horas do sábado e parte da madrugada do domingo, a ultimar o labor de desmenuzado das flores, especialmente caraveis, hortensias, rosas,..., e logo a descansar un pouco, para cediño pórse co marcado, perfilado e realización dos tapices de flores e de sal.
Todo iso deu lugar a que ás rúas nas que tradicionalmente fanse alfombras florais na honra do Santísimo Sacramento, tivesen na mañá deste domingo unha imaxe diferente ao que viña sendo habitual na maioría das edicións precedentes, xa que á actividade que nenas/os e maiores realizaron, tivo lugar, maioritariamente, nese período de tempo e tamén nas primeiras horas da tarde de hoxe.
Dese xeito, centenares de persoas de todo o Baixo Miño, veciños de A Guarda e tamén moitos visitantes, puideron ver con detalle, a plena luz do día, todo o proceso - nalgúns casos minucioso, e sempre delicado - de realización das alfombras do Corpus mariñeiro na vila de A Guarda. Decimos minucioso, porque moitos dos materiais que empréganse, son depositados, unidade por unidade, no pavimento; e delicado, porque debido ao rápido procesión de "oxidación" dalgúns deses materiais, hai que facer unha selección dos mesmos, antes de poñelos no chán. Sen ese imprescindible mimo, o resultado estético e visual non sería o mesmo.
Teñen moito mérito tódalas persoas, de tódalas idades, mulleres, homes e nenas/os que afánanse por manter esta tradición artística que ten súa máxima expresión no Día do Señor, como din as xentes do mar da Guarda.
E nese magnífico labor de convivencia, coordinación e traballo veciñal, totalmente altruista, hai moito, pero moito, moito, traballo previo. Un traballo que non se ve, que soio ás persoas que o realizan sábeno, pero que chegado o día do Santísimo Sacramento, ven seu esforzo recompensado polas merecidas felicitacións que veciños e visitantes transmítenlles. Pero ainda que non fora así, tódalas persoas que fan posible esta expresión de arte efímera, fano, maioritariamente, por devoción. Ben é certo, que tamén hai quen colaboura - mesmo sen ser crentes - por solidariedade coas persoas que levan anos facendo os tapices na honra do Santísimo e dese xeito, ser partícipes tamén desa magnífica obra colectiva.
No que respecta aos materiais que empregaron os alfombristas, podemos decir que son os habituais, ainda que segundo coincida a celebración do Corpus, pode haber maior ou menor fartura dalgúns moi concretos. Este ano, por exemplo, hai abundancia de hortensias, pero ben é certo que houbo que "moverse" para súa recolección, porque á producción dispoñible no noso pobo non é suficiente para a cantidade de superficie que é tradición alfombrar.
Namentras que outros materiais, como as pionas dos eucaliptos, xa foran colleitadas oportunamente, nos últimos meses de 2018, e gardadas para seu secado e conservación en óptimas condicions; algúns materiais como o breixo ou as bagas de xiastas, foron colleitadas recentemente. En todo iso, como noutros cometidos, teñen moita experiencia, non só as coordinadoras de cada tramo de alfombra, senón moitas das persoas que levan anos aportando seu gran de area na confección dos tapices florais.
Tamén queremos salientar que nesta nova edición da festividade do Santísimo Sacramento, ou do Señor, como popularmente decimos no concello de A Guarda, a temática dos tapetes florais foi moi variada e dunha ampla riqueza cromática e técnica. Polo que pudemos ollar, ademáis de flores (mesmo da carrasca), arbustos, bagas de xestas, palla de cereais,... e sal, tamén houbo presenza doutros materiais naturais - como por exemplo o arroz -, que confirman á inquedanza dos deseñadores por amosar ás posibilidades doutros ingredientes non tan habituais.
A hora prevista, arredor das 18:00 horas, deu comenzo a procesión que contou coa participación de numerosas persoas, así como de diversas confrarías piadosas representadas polos correspondentes estandartes portados por membros das mesmas, que ían franqueados por nenos/as que neste día ou en datas previas - como por exemplo na festividade de San Antonio -, fixeron súa Primeira Comuñón. Asemade, tamén ía o estandarte da Sección da Adoración Nocturna e o tra-lo palio portado por membros desa sección, ía a custodia co Santísimo Sacramento, portada polo crego somasco P. Luis, e o seu carón ía o párroco de Santa María de A Guarda, Jesús García Villadóniga.
Tamén ía unha representación da Policía Local de A Guarda, portando o pendón municipal, e inmediatamente despois varias autoridades civís, como o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e membros da Corporación Municipal e outras representacións cívicas.
E pechando a procesión a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, dirixida por Víctor Luis Alonso Treinta.
Desde Infogauda felicitamos a toda a veciñanza que fixo posibles os fermosos tapices frorais na honra do Santísimo Sacramento, pois constitúen toda unha expresión do fervor popular é o mesmo tempo, unha magnífica mostra da creatividade e do traballo en equipo, altruista e desinteresado da nosa xente.
O traballo foi moito, máis os resultados compensaron con creces o sacrifizo. Ogallá que para o ano que vén voltemos a ter a oportunidade de facer realidade, unha vez máis, esa mostra de Arte efímera, da que tódolos guardeses sentímonos moi honrados.
GALERÍA FOTOGRÁFICA

Ningún comentario:
Publicar un comentario