13 de xuño de 2019

A GUARDA

Exposición, festexos, música, visitas guiadas e moito máis 

Nesta fin de semana na Guarda   
 

 Infogauda / A Guarda

 A Guarda congrega na fin de semana do venres 14 ao domingo 16 de xuño unha chea de actividades para gozar da vila con festivais musicais, concertos, exposicións, visitas guiadas, actividades deportivas e moito máis. 

Programación

VENRES 14

 A Casa dos Alonso acolle a exposición «Alfombras Florais da Guarda», que a través de varios paneis con fotografías, crónicas de prensa, documentos antigos, planos, carteis,...,  recolle a historia desta arraigada tradición na Guarda, xunto con explicacións sobre como é este traballo. Pódese visitar de 11:00 a 13:30h e de 18:00 a 21:00h. 
 

 Este venres día 14 de xuño, dende as 22:00 horas, arranca unha nova edición de Música nas Prazas. Nesta ocasión os encargados de abrir a programación será o grupo de rap guardés Caramelo Krew, formado por Hugx (Hugo Aldea) e Holden (Jose Mauri), que encherán de música a Praza de San Caetano.
 
SÁBADO 15
 

 Este sábado a partires das 10:00h, nas pistas deportivas do Codesal (Camposancos),  o Clube de Petanca «O Caldeiro» organiza o I Torneo de Petanca «Bodegas Terras Gauda». 

 Ás 10:45h sairá dende o Porto da Guarda unha nova visita ás salinas romanas do Seixal. Trátase dunha actividade que ten unha duración aproximada de 2 horas cun percorrido pola senda litoral. 

 Información e inscricións no 616 180 557. 

 De 11:00 a 13:30 h, o Mercado da Guarda acollerá unha charla baixo o título «Familia, que comemos hoxe?» dirixida principalmente ás familias con nenos e nenas na etapa chamada de primeira infancia, coa intención de poñer en valor os beneficios do produto fresco e de proximidade que ofrece a praza de abastos á hora de elaborar menús saudables e nutritivos. Esta charla pretende ser moi dinámica e participativa e terá lugar no propio mercado. O punto de encontro será no segundo andar. 

 Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro do Monte Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento castrexo e unha duración aproximada de 30 minutos. 

 Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos. 

 Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. 

 Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504. 

 A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos. 

 A Casa dos Alonso acolle a exposición «Alfombras Florais da Guarda». O horario de visitas é de 11:00 a 13:30h e de 18:00 a 21:00h. 

 Na xornada deste sábado e enmarcado na programación das Festas de San Antonio, ás 12:00h haberá unha gran tirada de fogos e o grupo A Boalleira percorrerá as rúas do municipio, pola noite verbena coas orquestras Santiago e Nievla.  

 Este sábado ás 20:30h o Auditorio de San Bieito acolle a XV edición do Festival Folclórico Luso-Galaico, no que participaran os grupos Doxe nun ano, Xamaraina, Do Lusco ó Fusco, Korosti Dantza Taldea, Agrupación Folclórica O Trevo e o Rancho Folclórico de Santa Eulalia de Cabanelas.  

Praxíteles González Martínez amosando súas maquetas a Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira en funcions, e a Antonio Lomba Baz, alcalde en funcions.

 O Centro de Interpretación das Fortalezas na fortaleza de Santa Cruz continúa acollendo a mostra de obras de Praxíteles González Martínez na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como a ponte do Tamuxe, a igrexa de Santa Mariña do Rosal, un muíño serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, ademais das maquetas das catedrais de Santiago de Compostela e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. 

 Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h. 

 Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.  

DOMINGO 16

 Na xornada deste domingo e enmarcado na programación das Festas de San Antonio, ás 10:00h fará un percorrido a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda con posterior misa e procesión, e ás 20:00h a citada banda ofertará unha actuación. 

 Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro do Monte Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída no xacemento castrexo e  terá unha duración aproximada de 30 minutos. 

 Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos. 

 Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. 

 Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504. 

 A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos. 

 O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González.

  Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h.

 Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive. 

 A Casa dos Alonso acolle a exposición «Alfombras Florais da Guarda».

 Horario de visita: de 11:00 a 13:30h e de 18:00 a 21:00h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario