24 de xuño de 2019

A GUARDA

Cruz Vermella no Baixo Miño organiza un taller de aprendizaxe sobre telefonía móbil para maiores 

• As actividades están dirixidas a maiores de 55 anos 

• Realizarase na Guarda    


 Cruz Vermella / A Guarda

 O próximo 10 de xullo iniciaremos un novo taller de aprendizaxe para o correcto uso do teléfono móbil. Realizarase na Guarda, de 17:00 a 18:30 horas.  

 Hoxe en día, atopámonos con moitas persoas maiores que teñen un móbil ou que lles gustaría telo, pero non saben utilizalo adecuadamente ou teñen dúbidas no momento de realizar algunha función. Por este motivo desde Cruz Vermella no Baixo Miño organizamos unha serie de sesións de aprendizaxe do uso deste dispositivo e das novas tecnoloxías. Os obxectivos principais son achegar as novas tecnoloxías ás persoas maiores, o uso dos móbiles como medio de comunicación e a utilización de dispositivos tecnolóxicos con aplicacións sociais e sanitarias de emerxencia e urxencia (teleasistencia)     

 Os encargados de impartilas serán un grupo de voluntarios da área de maiores e os contidos que van traballar van desde o manexo do  whatsapp escribir mensaxes, gardar números de teléfono na axenda,... Ademais lograremos outro obxectivo: favorecer as relacións interxeracionais grazas á relación entre os  formadores novos e as persoas usuarias de máis idade. 

 Estas actividades son gratuítas e están enmarcadas dentro do programa de Atención a persoas en proceso de envellecemento, financiados polo  Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, co obxectivo principal de que as persoas maiores melloren a súa calidade de vida e relacións sociais.  

 Para máis información ou inscribirse en próximas actividades:  

Oficina de Cruz Vermella Baixo Miño 
Rúa Agustín  Nandín Lomba, nº 1 Baixo
A Guarda

 De luns a venres, de 8:00 a 15:00  horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario