24 de xuño de 2019

O ROSAL

O CONCELLO DO ROSAL DALLE O PARABÉN AO ALUMNADO DA ESCOLA DE MÚSICA DO ROSAL E DESÉXALLES MOITA SORTE ÁS ALUMNAS NAS SÚAS PROBAS DE ACCESO  
 

 Auditorio municipal do Rosal
Foto: C.O.R.
 Infogauda / O Rosal

 Este pasado venres e sábado foron as audicións de fin de curso do alumnado da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal. 

 O domingo foi a actuación de Xiana Aldea González, Ania Pérez Justribó e Sabela Alonso Álvarez que esta semana realizarán as probas de acceso ao grao profesional de música nas disciplinas de saxo, piano e frauta respectivamente. 

 Pola súa parte Uxía Aldea González preséntase as probas de acceso a grao superior na na modalidade de frauta. 

 O Concello do Rosal deséxalles a todas elas moita sorte nas súas probas de acceso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario