Organizada por Cruz Vermella Baixo Miño
SESIÓN INFORMATIVA SOBRE O USO RESPONSABLE DOS MEDICAMENTOS
Nesta nova actividade mostraremos unha actividade física que pode contribuír a un mellor estado físico das persoas participantes.
Cruz Vermella Baixo Miño / A Guarda
O luns día 17 de xuño ás 10:00 horas, desde a Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño realizaremos a sesión informativa “Adherencia ao medicamento”. O obxectivo fundamental desta sesión é promover unha maior concienciación entre a poboación sobre o problema que representa a falta de cumprimento do medicamento pautado, transmitindo as graves consecuencias sobre a saúde que xera a mala utilización da mesma.
A adherencia ao tratamento (cumprimento) é moi importante. Con todo, só a metade das persoas que saen da consulta do médico cunha prescrición tomarán o fármaco segundo as indicacións recibidas. Entre as moitas razóns para incumprir o tratamento farmacolóxico, o esquecemento é a máis habitual. Entón, a pregunta clave é: por que se esquece o tratamento? En ocasións, o motivo é simplemente un mecanismo psicolóxico de rexeitamento. Estar enfermo é unha causa de preocupación e ter que tomar un fármaco é un recordo constante da enfermidade. Ou ben, a persoa pode sentirse preocupada por algunha cuestión relacionada co tratamento, como os posibles efectos secundarios, o que dá lugar ao abandono do plan terapéutico.
Esta actividade atópase enmarcada dentro do programa de Atención a persoas en proceso de envellecemento, financiados polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, co obxectivo principal de que as persoas maiores melloren a súa calidade de vida, relacións sociais.
Para poder participar nas actividades, bastará con inscribirse ademais as persoas poderán informarse dos diferentes proxectos e actividades que Cruz Vermella desenvolve para persoas maiores nesta comarca.
Para máis información dirixirse a:
Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño
Rúa Agustín Nandín Lomba, nº 1 baixo
A Guarda
laguardia@cruzroja.es
Teléfono: 986 614 609
Ningún comentario:
Publicar un comentario