11 de xuño de 2019

TOMIÑO

Charlas informativas sobre o ciclo de grado medio de técnico en instalacións de telecomunicacións que se imparte no IES de Tomiño 

Unha profesora ofrecerá unha conferencia no salón de plenos do Concello co fin de conseguir novos aspirantes  
 
 Infogauda / Tomiño

 Carmen Freiría, profesora do I.E.S. Antón Alonso Ríos de Tomiño, ofrecerá un par de charlas informativas sobre o ciclo medio de Técnico en Instalacións de Telecomunicacións, que imparte o centro.  

 A primeira das charlas será o vindeiro martes, 18 de xuño, de 20:00 a 21:00 horas no propio instituto. A segunda e última, realizarase no Salón de Plenos do Concello de Tomiño, o mércores 19 de xuño, de 11:00 a 12:00 da mañá.  

 A finalidade destas conferencias é a de conseguir máis aspirantes a este módulo de formación profesional e desmitificar a imaxe de suma complexidade que o mesmo ten entre o alumnado e a sociedade en xeral, para o que a docente fará unha presentación axustada dos estudios a cursar e das saídas académicas e profesionais do ciclo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario