11 de xuño de 2019

A GUARDA

Contratación laboral temporal dun patrón de embarcación para o servizo de salvamento e vixilancia das praias do Concello da Guarda  



 O Concello da Guarda selecciona un patrón de embarcación para cubrir o servizo de salvamento e vixilancia das praias do Concello, durante 2,5 meses a xornada completa.   

 Titulación mínima esixida: patrón de navegación básica (PNB) ou patrón de embarcación de recreo (PER) ou licenza federativa para o goberno de embarcacións de recreo.  

 As bases da convocatoria están a disposición dos interesados no Rexistro e na sede electrónica do concello (http://aguarda.sedelectronica.gal)  

 O prazo de presentación de instancias, será 7 días naturais dende o día seguinte a publicación do presente anuncio no Faro de Vigo (09/06/2019), na forma sinalada nas bases da convocatoria.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario