A Guarda conta cunha nova zona de estacionamento gratuíto con horario limitado
O aparcamento está moi preto da Praza de Abastos
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
A Policía Local de A Guarda informa que dende o luns día 17 de xuño está aberta unha nova zona de aparcamento disuasorio na Rúa Brasilino Álvarez Sobrino, que permitirá incrementar a mobilidade das persoas no casco urbano da vila.
Este aparcamento súmase as zonas postas en marcha recentemente para mellorar a mobilidade no casco urbano da vila, dentro da estratexia da Campaña de Mobilidade municipal «A Guarda, todo moi preto».
A Policía Local informa ademais que se incrementará o control sobre as zonas de estacionamento gratuíto con horario limitado Zona Azul.
Os reloxos da zona azul pódense atopar gratuitamente nos establecementos comerciais da vila e nas oficinas da Policía Local.
Os reloxos da zona azul pódense atopar gratuitamente nos establecementos comerciais da vila e nas oficinas da Policía Local.

Ningún comentario:
Publicar un comentario