O VELENO, ¿SO OU CON LEITE?, OBRA DE TEATRO SOLIDARIA
O próximo venres día 21 de xuño, ás 20:30 horas, no Centro Cultural da Guarda
O próximo venres día 21 de xuño, ás 20:30 horas, no Centro Cultural da Guarda poráse en escena a obra teatral “O veleno, so ou con leite?”.
Esta representación ten carácter solidario.
Esta representación ten carácter solidario.
Esta iniciativa xorde do grupo teatral de Oia “Os mellores do ghrupo”.
Para poder asistir a esta obra será necesario a compra dun boleto do Sorteo de Ouro de Cruz Vermella (5€), con este boleto poderán entrar dúas persoas. Os nenos entrarán gratis.
Cun boleto poderemos entregar un lote de axuda para atender as necesidades hixiénicas básicas dun home en situación de vulnerabilidade.
Con dous boletos poderemos entregar un lote de axuda para atender as necesidades hixiénicas básicas dunha muller en situación de vulnerabilidade.
Con seis boletos poderemos entregar 3 mochilas con material escolar a nenos e nenas de familias afectadas pola crise.
O sorteo terá lugar en Palma de Mallorca, ante notario, o 18 de xullo de 2019.
Un primeiro premio de 3 millóns de euros
Un segundo premio de 1 millón de euros
Un terceiro premio de 500.000 €
Tres cuartos premios de 250.000 €
Tres quintos premios de 100.000€
129 premios de 2.000 €
129 premios de 750€
129 premios de 500 €
387 premios de 300 €
387 premios de 250 €
1.170 premios de 200 €
1.170 premios de 150 €
Ningún comentario:
Publicar un comentario