10 de xuño de 2018

A GUARDA

"CORA", UNHA CADELIÑA DE CAN DE PALLEIRO, RAZA AUTÓCTONA GALEGA, TRIUNFA NA SEMANA VERDE DE SILLEDA

Acadou dos primeiros premios no Certame Canino

Santos Pacheco Díaz coa súa cadeliña "Cora", que triunfou en Silleda
Fotos: Sara Pacheco

Infogauda / A Guarda

 Desde á Feira Internacional Semana Verde de Galicia, que ven de celebrarse do 7 ó 10 deste mes en Silleda, chegounos a boa nova de que a cadeliña "Cora", de Santos Pacheco Díaz, acadou dous importantes galardóns: 1ª na categoría de xóvenes femias, e 1ª tamén na categoría xóvenes mixta (femias e machos).

Fermosa estampa de "Cora", cos seus galardóns

 Se eses dous premios xa son en sí mesmos todo un éxito, o feito de que "Cora", de 17 meses de idade, sexa unha cadela de Can de Palleiro (Canis lupus familiaris), raza autóctona galega, significa todo un recoñecemento para os exemplares desa raza, entre cuxas características destaca súa intelixencia, carácter forte e reservado cos estranos, con unha gran fidelidade a seu amo, e doce e tranquilo coa xente da casa.

 Os Cans de Palleiro, son cans pastores e de guarda, moi polivalentes, pois tanto van coas vacas, arreándoas, como gardándoas. E sobor de todo, non é unha raza artificial, xerada a partires de cruces de outras razas.

 Asemade, tamén é motivo de satisfacción para os membros do Club Can de Palleiro: Raza Autóctona Galega, da cal forma parte o guardés - natural de Camposancos - Santos Pacheco Díaz.

 A raza Can de Palleiro está recoñecida pola Consellería de Medio Rural, da Xunta de Galicia, e tamén polo Ministerio de Medio Ambiente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario