Programación para esta fin de semana
Pasarela de mantóns de Manila antigos, exposición de traxes galegos, conferencia sobre Megalitismo, visitas guiadas, baile moderno, palillada,... entre outras propostas
Infogauda / A Guarda
Nesta fin de semana o Concello de A Guarda da por iniciada a tempada de verán con numerosas actividades para todos os públicos, destacando a segunda edición do Interlude Fest, a inauguración da exposición do traxe galego e O Galeón de Manila - pasarela de mantóns de Manila antigos -, a entrega de premios do Certame de Poesía Feliciano Rolán, o Festival de Baile Moderno de Xamaraina,as fogueiras de San Pedro, visitas guiadas,... entre outras propostas culturais, deportivas, festivas, lúdicas e mesmo gastromómicas.
Programación
VENRES 28:
A Asociación Érguete Baixo Miño organiza este venres día 28 de xuño de 2019, de 09:00 a 11:00 horas, a Xornada Empresarial “Non te pares – Érguete!!”, acto central do Programa Érguete Emprega 2019, que terá lugar no Centro Cultural de A Guarda.
Neste acto os asistentes terán contacto directo con persoal de Recursos Humanos das empresas: Imerys S.A., Grupo Alliance (ETT), e con Xosé Alberte Cea – orientador laboral do Concello de Vigo, para coñecer de primeira man información sobre que traballadores buscan nas súas empresas ou que perfís soen requirir.
A xornada está aberta a todas aquelas persoas que queiran achegarse e coñecer un pouco mais as demandas de ditas empresas, así como as labores desta entidade.
XXX ANIVERSARIO DO CLUBE DE REMO ROBALEIRA
XXX ANIVERSARIO DO CLUBE DE REMO ROBALEIRA
O Clube de Remo Robaleira organiza este venres unha xornada de portas abertas para conmemorar seu XXX aniversario, contando nas súas instalacións cunha exposición fotográfica, así como un serán con grupos de baile, gaita e cantos de taberna cunha sardiñada popular.
Nesta edición de San Pedro organizan unha gran fogueira que rematará co conxuro da queimada a cargo de Victoriano.
Tamén este venres ás 20:00 horas, terá lugar na Casa dos Alonso a Pasarela do Traxe Galego, organizada pola Asociación Recuperación do Traxe Galego da Guarda, antesala da inauguración da XI Exposición do Traxe Galego que estará nos baixos do Concello ata o 3 de xullo de 18:00 a 21:00 horas.
SÁBADO 29:
Ás 11:30h deste sábado o Centro Cultural acollerá a charla «Megalitismo do Sur de Galicia no seu contexto atlántico», contando coas intervencións de Antón A. Rodríguez Casal, catedrático e profesor de prehistoria na USC e do guardés Miguel Carrero Pazos, doutor en historia na USC.
A Fortaleza de Santa Cruz da Guarda acollerá a celebración da segunda edición do Interlude Fest, un festival musical organizado pola Asociación Cultural Rock´n´rolla en colaboración co Concello da Guarda.
As actividades programadas arrancarán xa dende as 11:00 horas con inchables e xogos para nenas/os, xunto con diversas actuacións de amenización con música tradicional ao longo do día.
Ás 20:00h arrancarán os concertos nos que actuarán os grupos: The Charrans, Elefantes Mutilados, SatxA, Stoned at Pompeii e Malkeda, unha mistura de estilos que vai dende o Punk-Rock, Metal ata o Hard-rock.
A entrada é de balde e a programación de concertos abarcará ata as 3:00h da madrugada con cantina e comida a prezos populares.
Tamén na xornada deste sábado ás 21:00 horas, no Salón de Actos do Centro Cultural da vila, terá lugar a entrega de premios do XXXIII Certame de Poesía Feliciano Rolán, nun acto cultural poético que contará coas actuacións das Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa e do Coro Arpegios.
VISITAS GUIADAS GRATUÍTAS AO MONTE SANTA TREGA
VISITAS GUIADAS GRATUÍTAS AO MONTE SANTA TREGA
Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro do Monte Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento arqueolóxico e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos.
EXPOSICIÓN NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA FORTALEZA DE SANTA CRUZ
EXPOSICIÓN NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA FORTALEZA DE SANTA CRUZ
O Centro de Interpretación das Fortalezas na Fortaleza de Santa Cruz continúa acollendo a mostra de Praxíteles González Martínez na que expóñense varias maquetas do artista rosaleiro, como a ponte do Tamuxe, a igrexa de Santa Mariña do Rosal, un muíño serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, ademais das maquetas das catedrais de Santiago de Compostela e de Notre Dame.
Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista.
Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h.
Entrada: 1€ adultos e 0,50€ ata 14 anos inclusive.
DOMINGO 30:
Ao longo da xornada deste domingo a Asociación Os Amigos organiza no Casino de Camposancos a XV Xuntanza de Palilleiras, un evento que congrega a centos de persoas de toda a xeografía galega e nacional.
Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro do Monte Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento arqueolóxico e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos.
No Centro de Interpretación das Fortalezas na Fortaleza de Santa Cruz continúa a exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González.
Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h.
Entrada: 1€ adultos e 0,50€ ata 14 anos inclusive.
ENCONTRO DE FÚTBOL CASADOS-SOLTEIROS E CHURRASCADA
ENCONTRO DE FÚTBOL CASADOS-SOLTEIROS E CHURRASCADA
Este domingo ás 11:00 horas, no Campo da Ribeira (Salcidos), xogarán Solteiros - Casados. Disputarán o XXVII Trofeo doado pola organización do evento deportivo que culminará cunha churrascada á escote.
Para participar no xantar, como xa informamos oportunamente neste xornal dixital transfronteirizo, había que apuntarse antes deste xoves día 27 de xuño, na Tenda do Enrique, no Cruceiro Pinto.
BAILE MODERNO NO AUDITORIO AO AIRE LIBRE SAN BIEITO
BAILE MODERNO NO AUDITORIO AO AIRE LIBRE SAN BIEITO
Para rematar a fin de semana, temos este domingo día 30 de xuño, ás 20:30 horas, no Auditorio ao aire libre San Bieito, o XV Festival de Baile Moderno Xamaraina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario