17 de xuño de 2019

A GUARDA

NOITE DE SAN XOÁN

É necesario solicitar o correspondente permiso para as fogueiras
 
Porta de acceso as dependencias da Policía Local de A Guarda, na Praza do Reló
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello de A Guarda, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz, fixo público no día de hoxe 17 de xuño de 2019, a seguinte nota:

 "Ante a proximidade da celebración da Noite de San Xoán, dende a Policía Local da Guarda infórmase que todos aqueles que desexen facer unha fogueira deberán solicitar o permiso nas súas oficinas da Praza do Reló.  

 Ademais, póñense a disposición dos guardeses e guardesas que teñan dúbidas sobre como e onde se poderán facer estas fogueiras.   

 Dende o Concello da Guarda agradécese a colaboración de todos os veciños e veciñas da vila para entre todos desfrutar da noite e facer dela unha festa segura".

Ningún comentario:

Publicar un comentario