11 de maio de 2019

VALGA

Alfonso Rueda: “Bello Maneiro garante experiencia, saber facer e estabilidade para o futuro de Valga”  

• O presidente provincial destaca a importancia de conformar gobernos fortes e sólidos para sacar adiante os proxectos  

• O candidato á Alcaldía presenta a lista de 20 persoas coa que  concorrerá ás eleccións municipais do 26 de maio  
  
Infogauda / Valga

 O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou hoxe que José Mª Bello Maneiro e o seu equipo garanten experiencia, saber facer e estabilidade para o futuro de Valga. “Para que siga crecendo da man dun goberno sólido e forte capaz de sacar adiante os proxectos”. Nesta liña pediu aunar o voto no PP para obter “unha maioría absoluta potente” neste concello.   

 Durante a súa participación nun mitin que serviu de presentación da lista que acompañará a Bello Maneiro na súa candidatura á Alcaldía de Valga nas eleccións municipais, Rueda incidiu en que os populares “van sair a gañar o vindeiro 26 de maio en todos os concellos da provincia”.   

 Puxo en valor a experiencia de goberno do PP e de alcaldes como Bello Maneiro, “que saben o que teñen que facer dende o primeiro día”, suliñando que o PP é un partido unido “que vai traballar o que faga falta por Galicia e por todos e cada un dos nosos concellos”, engadiu. Deste xeito se amosou convencido de que os populares obterán un gran resultado nas eleccións municipais. “Temos os mellores candidatos, temos as ideas e temos a capacidade para levalas a cabo”, finalizou.   

 Pola súa banda José Mª Bello Maneiro presentou a lista de 20 nomes que forman a súa candidatura manifestando as súas gañas e ilusión por seguir  sendo alcalde de Valga os vindeiros catro anos.

CANDIDATURA DO PP DE VALGA ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 26 DE MAIO

1.         José María Bello Maneiro
2.                Román Castro Castromán
3.                María Magdalena Isorna Sumay
4.                Carmen Gómez Pardal
5.                Pedro Calvo Blanco
6.                Agustina Begoña Piñeiro Busto
7.                José Ángel Souto Jamardo
8.                Manuel Ferreiro Maneiro
9.                José Lagos Aboy
10.          María Cruz Eiras Isorna
11.          Álvaro Fernández Abalo
12.          Candelaria Riveiro Espiño
13.          Ramona Otero Tanoira

14.          Ruben Rodríguez Ferreiros
15.          Peregrina Abril Castromán
16.          Silvia Pardal Bragaña
17.          Juan Bautista Potel Calvo
18.          José Luis Padín Iglesias
19.          Tamara Túñez Dasilva
20.          Miguel Busto Gil

Ningún comentario:

Publicar un comentario