O BNG de Tui lanza o resumo do seu Programa de Goberno cara as vindeiras eleccións municipais
Infogauda / Tui
O BNG de Tui publica nas redes o resumo do seu programa de goberno co que se presentan ás municipais do 26M para transformar Tui nun modelo de concello habitábel, saudábel, seguro, inclusivo e verde, onde a veciñanza será o eixe central no desenvolvemento da política municipal.
O programa de governo co que se presentan as nacionalistas ás eleccións municipais do 26 de maio e que explicarán ás súas veciñas e veciños durante a campaña eleitoral, é froito do traballo desenvolto ao longo destes últimos anos coa veciñanza ,e, dos encontros sectoriais abertos que veu mantendo a organización nacionalista, manifestou a candidata á alcaldía de Tui, Carme Núñez, asegurando ademáis "este é un programa de governo aberto á veciñanza e a todos aqueles tudenses que queiran seguir facendo aportacións que teñan encaixe dentro da liña programática do modelo de concello pensado para Tui".
Ningún comentario:
Publicar un comentario