Alfonso Rueda: “Miguel Domínguez é o alcalde axeitado para seguir mellorando e transformando A Cañiza en positivo”
• O presidente provincial destaca o avance experimentado na localidade nestes anos, a súa estabilidade e a xeración dun clima de oportunidades.
• O candidato á Alcaldía presenta a lista coa que concorrerá ás eleccións municipais cun programa que aposta polas políticas sociais, o rural, a humanizacións do casco urbano e o emprego.
O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda con Miguel Domínguez, candidato popular á Alcaldía da Cañiza, Fabiola González e José Manuel Cores
Infogauda / A Cañiza
O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou hoxe que Miguel Domínguez é o alcalde axeitado para seguir mellorando A Cañiza e a vida dos seus veciños, proporcionando estabilidade ao Concello e xerando un clima de oportunidades. Neste sentido destacou a transformación en positivo que viviu ésta localidade nos últimos anos e apelou a unir o voto en torno ao PP para conquerir “unha maioría ampla que permita formar un goberno forte e sólido para sacar adiante os proxectos que fan falta”.
Durante a súa participación nun mitin que serviu de presentación da lista que acompañará a Miguel Domínguez na súa candidatura á Alcaldía de A Cañiza nas eleccións municipais do 26 de maio, Rueda suliñou a capacidade de traballo do candidato, “que ten proxecto e balance de xestión eficaz” e que ten “o un equipo preparado e con talento”. “Vamos sair con toda a ilusión e a gañar, como facemos en todos os concellos da provincia”.
Ademáis de destacar o carácter cercano e dialogante do candidato e a súa capacidade de interlocución co resto de administración para negociar melloras que beneficien a todos, o presidente provincial puxo en valor a experiencia de goberno do PP, “un partido comprometido ao cen por cen con Galicia, sempre coa máxima implicación alí onde ten responsabilidade de gobernar, que ten ideas e que ten a capacidade de levalas adiante”, dixo.
Pola súa banda, Miguel Domínguez suliñou a decidida aposta do seu programa por equiparar os servizos do rural cos das zonas urbanas, cun importante esforzo en avanzar nas traídas de auga, ademáis de proseguir cos traballos de humanización que se están a desenvolver no centro, “sentando ás bases do urbanismo das vindeiras décadas”. As políticas sociais, a xeración de emprego e a atracción de inversión serán outro dos piares da súa acción de goberno si resulta reelexido.
Antes de presentar á súa lista, Domínguez amosou a súa ilusión e gañas por seguir sendo alcalde durante os vindeiros catro anos e agradeceu a implicación e o compromiso de todo o seu equipo.
CANDIDATURA DO PP DE A CAÑIZA DE AROUSA ÁS ELECCIÓNS
MUNICIPAIS DO 26 DE MAIO
1. Miguel Adolfo Domínguez Alfonso
2.
Ana María Cerviño Álvarez
3.
Carlos Rincón Moraña
4.
Ana Belén Alejandro Álvarez
5.
Ismael Giráldez Lage
6.
Pilar Vicente Iglesias
7.
José Rogelio Gómez Estévez
8.
Carmen Dolores Fernández Rodríguez
9.
Cristian Gómez Mariño
10.
Belén Domínguez Álvarez
11.
Ricardo Coello Piñeiro
12.
Icía Pérez Pereira
13.
Jorge Vázquez Gesteira
14.
Sonia Álvarez Gesteira
15.
Rubén Fernández Reinaldo
16.
Alejandra Martín Varela
17.
Francisco López Viéitez
18.
Mercedes Rey Lorenzo
19.
Diego González González
20.
Marta Rodríguez Marquez
21.
Sergio Lorenzo Alfonso
22.
María Teresa Álvarez Fernández
23.
José Antonio Machado González
Ningún comentario:
Publicar un comentario