31 de maio de 2019

TUI

Comunicado oficial do Consello Local do BNG de Tui sobre as pasadas eleccións municipais  


 BNG / Tui

 O Consello Local do BNG de Tui, reunido para analizar os resultados das últimas eleccións municipais, comunica á opinión pública o seguinte:   

 Agradecemos profundamente todos e cada un dos votos que a cidadanía tudense nos otorgou o pasado domingo. Considerámolos de máximo valor nunhas circunstancias onde unha maioría se inclinou por premiar, só na candidatura do PSOE, a xestión do goberno de coalición do que formamos parte. Son máis de mil votantes do BNG os que apostaron por un proxecto político e unha equipa que traballou duro defendendo os intereses de Tui, tanto no goberno como na oposición. Eses votos son para nós, motivo de orgullo e serán a forza que nos impulsará nos próximos catro anos. O noso obxectivo prioritario será que os nosos votantes poidan sentirse orgullosos do seu voto como nós nos sentimos da súa confianza.  

 Felicitamos ao PSOE de Tui polos magníficos resultados obtidos, así como ás demáis forzas políticas concorrentes por ter acadado representación.   

 En canto aos nosos resultados, valorámolos como negativos xa que tiñamos a esperanza de que a nosa representación se vira aumentada e mesmo de sermos determinantes para un goberno alternativo á dereita local. Achamos pois, que a nosa xestión non foi valorada tan positivamente como criamos pola cidadanía que decidiu confíar maioritariamente noutra forza do goberno.   

 Tomamos nota e pedimos desculpas polos erros cometidos. Analizaremos con detalle as nosas debilidades para mellorar o noso traballo, comunicar mellor a labor feita e tentar convencer aos tudenses de que o noso é un proxecto transformador, útil e necesario.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario