31 de maio de 2019

TOMIÑO

OS SOCIALISTAS DE TOMIÑO AVALÍAN MOI POSITIVAMENTE OS  RESULTADOS OBTIDOS NAS ELECCIONS EUROPEAS E MUNICIPAIS
                            

Violeta De Santiago - no centro da imaxe, na primeira fileira - con tódolos membros da candidatura do PSdeG-PSOE de Tomiño

Infogauda / Tomiño 

 Os Socialistas de Tomiño reuníronse na tarde do pasado xoves 30 de maio para avaliar e analizar polo miúdo os resultados electorais das pasadas eleccións europeas e municipais, así como a campaña. 

 Coinciden todos en avaliar moi positivamente os resultados ao obter unha subida porcentual do 65% e acadar o dobre de concelleiras, quedando a tan so 175 votos de conseguir a 3ª concelleira

 Con respecto a campaña electoral, os socialistas amosan a súa satisfacción por ter levado a cabo unha campaña austera, honesta e absolutamente limpa, acorde a súa maneira de entender a política. 

 Cremos que outros grupos políticos non poden dicir o mesmo, por ter axitado fantasmas con presuntos pactos inexistentes

 Os Socialistas de Tomiño abren “un novo tempo de traballo para acadar mais confianza da veciñanza e declaran a súa intención de fiscalizar o labor do goberno, cunha oposición leal institucionalmente, e o mesmo tempo dura, firme e eficaz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario