21 de maio de 2019

TOMIÑO

VIOLETA DE SANTIAGO, CANDIDATA Á ALCALDÍA POLO PSdeG-PSOE ASUME O COMPROMISO DE LEVAR Á ACCIÓN DE GOBERNO MUNICIPAL A TÓDALAS PARROQUIAS

Así o afirmou no seu encontro cos veciños de Sobrada 


 Violeta De Santiago no encontro cos veciños de Sobrada


Infogauda / Sobrada (Tomiño)

 Con gran entusiasmo foron recibidos os Socialistas de Tomiño na parroquia de Sobrada, onde segundo manifestaron os veciños, que se denominada moi moi socialista, e que sorprendentemete está moi olvidada por este goberno de Tomiño que presume de progresista. 

 A candidata do PSdeG-PSOE, Violeta de Santiago, que estivo arroupada por varios candidatos da súa lista, afondou  no tema do saneamento tan necesario para esta parroquia, e dixo que pelexará coas administracións para conquerir ese servicio tan básico e necesario para tódolos veciños ante a gran deixadez e baixada de brazos do actual goberno municipal. 

 Tamén citou que farán a Biblioteca Municipal, e que crearán un circuito cultural para que chegue a tódolos veciños de tódalas parroquias do concello. 

 Asemade, Violeta De Santiago insistiu que loitará polo tan necesario polígono industrial, e afirmou que ten a promesa e apoio do delegado do goberno na Zona Franca de Vigo David Regades. 

MITIN DOS SOCIALISTAS DE TOMIÑO EN BARRANTES

 Este martes día 21 de maio, ás 21:00 horas, mitin no pavillón de Barrantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario