21 de maio de 2019

MOVEMENTOS SOCIAIS

Xubilados/as e pensionistas da CIG de Vigo apoian a folga de Citroën e a loita da Atención Primaria  

 Infogauda / Vigo

 O colectivo de pensionistas e xubilados/as da CIG de Vigo quere amosar publicamente o seu apoio aos paros convocados este mércores 22 de maio en Citroën contra a sobrecarga de traballo na liña de montaxe e á loita que manteñen os profesionais da Atención Primaria da nosa área sanitaria, que están a desenvolver dúas xornadas de folga, en defensa dun servizo público de calidade.  

 Membros do colectivo participarán na protesta convocada diante da fábrica de automoción viguesa este mércores 22 ás 11:00 horas coincidindo cos paros de Citroën; e na convocada polos médicos/as de Atención Primaria diante do MARCO, na rúa do Príncipe, ese mesmo día ás 20:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario