21 de maio de 2019

A GUARDA

FORMACIÓN

Inscricións abertas para os cursos da Aula CeMIT de xuño e xullo 

 
Infogauda / A Guarda
 
 A Aula CeMIT de A Guarda organiza novos cursos de informática para todas as idades nos meses de xuño e xullo. As inscricións están abertas no Concello e no Centro Cultural(1º andar), chamando ao 986 611850 ou no enderezo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal.

Cursos para o mes de xuño:
· Internet e correo electrónico II: Luns de 17:00h a 18:30h
· Informática para adultos: Xoves de 10:30h a 12:00h
· Xestións na rede: Martes de 10:30h a 12:00h
Cursos para o mes de xullo:
· Informática para nenos: Mércores de 10:30h a 12:00h
· Manexo tablet e smartphone: Martes de 10:00h a 11:30h
· Aplicacións de Google: Luns de 12:00h a 13:30h
· Creación de presentacións: Martes de 12:00h a 13:30h


Sobre a Rede CeMIT  

 A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia (Rede CeMIT) da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. O concello de A Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CeMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia.  

 Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.  

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario