ALFONSO RUEDA, PRESIDENTE PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR, VISITOU HOXE O MERCADO DE BANDEIRA
Acompañado de Ignacio Maril, candidato do PP á Alcaldía de Silleda e membros da candidatura popular
Alfonso Rueda e Ignacio Maril, saudando a unha das paisanas no Mercado de Bandeira
Infogauda / Silleda
Na mañá de hoxe, o presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, visitou o Mercado de Bandeira, en Silleda, xunto co candidato do PP á Alcaldía, Ignacio Maril, acompañados de membros da candidatura do PP de Silleda.
Durante a visita falaron con veciños, comerciantes e visitantes, sobre as inquedanzas e demandas dos silledenses e explicáronlles o proxecto do Partido Popular para Silleda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario