1 de maio de 2019

SILLEDA

Alfonso Rueda destaca o rigor e a seriedade de Ignacio Maril: "É o alcalde que necesita Silleda para volver a coller impulso”  

• O presidente provincial destaca o seu “proxecto renovado e ilusionante” e que conta “co mellor equipo”.  

• O candidato presentou a lista de 18 persoas coa que concorrerá ás vindeiras eleccións municipais do 26 de maio  
 

O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda e Ana Pastor, con Ignacio Maril, candidato á Alcaldía de Silleda e os demáis membros da candidatura do Partido Popular

Infogauda / Silleda

 O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou que Ignacio Maril é o alcalde que necesita Silleda para volver a coller impulso a partir do día 26 de maio. Nesta liña, destacou ao candidato popular como unha persoa seria e rigorosa,  que ten a tranquilidade que fai falta en política para tomar decisións axeitadas".  

 Durante a súa participación no acto de presentación da lista coa que Maril concorrerá ás eleccións municipais, o presidente provincial incidiu na súa “valentía” pola decisión de dar un paso ao frente para tentar mellorar a vida dos seus veciños. O PP de Silleda ten o mellor candidato posible e presenta a un equipo preparado cun proxecto integrador e ilusionante”, dixo.  

 Rueda afirmou que o PP, “un partido que sempre está ahí”, está traballando con toda a determinación e gañas” para obter un gran resultado o día 26 de maio, lembrando que os populares foron a formación mais votada en Silleda o pasado 28 de abril. Neste sentido puxo en valor a experiencia da formación nos gobernos municipais e a súa capacidade de xestión eficaz.  

 Nun acto no que tamén participou Román Rodríguez xunto con candidatos ás Alcaldías da comarca, Ana Pastor afirmou que o PP “está sempre no centro das solucións para os problemas da xente”.  

 Finalmente Ignacio Maril, que estivo arroupado por todos os antiguos dirixentes locais,  presentou os nomes das persoas que o a acompañarán na súa candidatura, suliñando que o PP de Silleda “está mais unido que nunca e con gañas de obter un gran resultado o día 26”. Deste xeito, tras agradecer o traballo desenvolvido polo seu equipo ao longo dos últimos catro anos, incidiu en que a súa lista está formada por “persoas valientes ás que cando se lles plantexa un reto nunca se arredran”, definindos como “o mellor equipo posible”.   

 Avanzou que para as eleccións municipais presentará un proxecto “integrador, honesto e transparente”, cun programa que está centrado nos mozos, sen descoidar aos maiores, nas empresas ou na gandeiría ademáis de ambicioso no eido cultural e social”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario