1 de maio de 2019

CUNTIS

Alfonso Rueda: "Manuel Vázquez é a única alternativa para facer crecer a Cuntis cos proxectos de futuro que necesita"  

• O presidente provincial destaca a súa cercanía, o seu caracter dialogante e o mérito de rodearse do mellor equipo. 

• O candidato á Alcaldía da a coñecer os nomes das 16 persoas que forman a lista coa que concorrerá aos comicios municipais  

O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda e Ana Pastor, na presentación da candidatura liderada por Manuel Vázquez (Manoele de Felisa)

Infogauda / Cuntis

 O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou hoxe que a candidatura liderada por Manuel Vázquez (Manoele de Felisa) é a única alternativa para facer crecer a Cuntis cos proxectos de futuro que necesita, destacando que o PP abre unha nova etapa neste concello na que garante traballo, ilusión e propostas serias.   

 Durante a súa participación nun xantar no que Manuel Vázquez presentou a lista coa que concorrerá ás eleccións municipais do 26 de maio, Rueda destacou a “valentía” do candidato por dar "un paso ao frente" para tentar mellorar a vida dos seus veciños rodeado dun equipo solvente e preparado para gobernar desde o primeiro día. 

 O presidente provincial suliñou a carácter dialogante de Manuel Vázquez e a súa vontade de ter unha boa interlocución co resto das administracións para chegar a acordos e pechar compromisos a favor de Cuntis. Lembrou que o Partido Popular afronta a campaña das municipais con mais gañas de traballar que nunca, con unidade e co obxectivo de gañar e de gobernar, lembrando que é un partido con experiencia.   

 Pola súa banda, Ana Pastor, incidiu en que os populares "sempre están no centro das solucións para os problemas dos cidadáns".

 Nunha cita na que tamén participaron Román Rodriguez e candidatos populares ás Alcaldías da comarca, Manuel Vázquez presentou os nomes que o acompañarán na lista coa que concorrerá ás eleccións municipais, agradecendo ao PP a oportunidade de poder traballar por Cuntis rodeado do mellor equipo. Unha localidade da que é un "apaixoado". "Sentimos Cuntis e queremos que esté no lugar que merece", dixo, manifestando a súa aposta por potenciar o termalismo, o turismo e as infraestruturas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario