21 de maio de 2019

SALCEDA DE CASELAS

Alfonso Rueda: “Santi Rodríguez é a única opción de cambio para que Salceda pase do conflicto á estabilidade e aos proxectos”   

• O presidente provincial cree que sería “o alcalde axeitado para que este concello volva a senda do diálogo e dos proxectos serios”  

O candidato desgranou parte do seu programa, que recolle unha forte aposta polas infraestruturas e a movilidade, a mellora de equipamentos ou darlle un forte pulo á Cultura 

Infogauda / Salceda de Caselas

 O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou hoxe que Santi Rodríguez representa “a única opción de cambio” para que Salceda de Caselas pase do conflicto á estabilidade a partir do 26 de maio. “É o alcalde axeitado para darlle a este concello o impulso que precisa e que volva a senda do diálogo e os proxectos serios para afrontar o futuro”.   

 Durante a súa participación nun mitin xunto co candidato á Alcaldía de Salceda, Santi Rodríguez, Rueda destacou o seu carácter traballador, o seu coñecemento do concello e cercanía aos veciños e a súa capacidade de rodearse dun equipo de persoas “valientes e preparadas” para gobernar “desde o primeiro día”. Nesta liña, apelou a unir o voto en torno ao PP, suliñando a intención dos populares de sair a gañar tanto en Salceda como no resto dos concellos da provincia.   

 Pola súa banda, Santi Rodríguez Davila aproveitou a súa intervención para desgranar parte do programa co que concorrerá ás eleccións do vindeiro domingo e no que se recolle unha importante aposta pola polas infraestructuras e a movilidade, ademáis da mellora das instalacións educativas e deportivas, así como a intención de darlle máis pulo á Cultura. “Chegou o momento de deixar atrás os populismos, de poñer orde no Concello e de que volva a concordia con todos os veciños”, suliñou o candidato.

Ningún comentario:

Publicar un comentario