21 de maio de 2019

MOS

Alfonso Rueda destaca a xestión eficaz de Nidia Arévalo para sacar adiante os proxectos de futuro que Mos precisa 

• “Ten a ilusión, a capacidade de traballo é o carácter necesario para seguir facendo medrar ao seu concello”, di o presidente provincial 

• A candidata repasou as principais medidas desenvolvidas nos últimos catro anos e avanzou que o seu programa apostará polas políticas sociais, o emprego e as humanizacións 

 Infogauda / Mos

 O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, destacou hoxe a capacidade de “xestión eficaz” de Nidia Arévalo, á que definiu como a “alcaldesa axeitada” para que Mos siga en liña ascendente e para sacar adiante os proxectos de futuro que precisa. Igualmente puxo en valor a súa habilidade para rodearse dun “gran equipo”, capacitado para gobernar “desde o primeiro minuto” e proporcionar ao Concello a estabilidade que precisa.  

 Durante a súa participación nun mitin xunto á candidata do PP á Alcaldía de Mos nas eleccións municipais, Rueda apelou a unir o voto en torno ao proxecto dos populares o vindeiro 26 de maio, xa que é “a única opción” que garantiza un goberno forte e sólido en Mos e a continuidade do modelo que Nidia Arévalo desenvolveu con éxito durante os últimos anos.   

 “Nidia é sinónimo de ilusión, capacidade de traballo e carácter para seguir facendo un Mos mellor”, suliñou o presidente provincial, engadindo que o PP, “un partido con experiencia, forte e unido”,  sae a gañar o 26 de maio en todos os concellos da provincia con propostas serias e realizables e candidatos comprometidos ao cen por cen.   

 Pola súa banda, a candidata repasou as principais medidas desenvolvidas durante os últimos catro anos e que “transformaron o concello”. “Mos é hoxe sinónimo de convivencia con seis grandes humanizacións e un investimento de 2,6 millóns de euros e 100 novos asfaltados en 4 anos; é mais habitable, temos o 92% do saneamento completado; é un territorio de oportunidades e un municipio que xera emprego: ocupamos o 4º posto no ranking de concellos con maior facturación empresarial da provincia e temos o Polígono da Veigadaña ao 92% de ocupación”, destacou. Igualmente, incidiu nos avances en conciliación e educación, con 4 escolas infantís, dúas novas nesta lexislatura, 15 parques e áreas de lecer novas, melloras no colexios.   

 “Mos é  un municipio que pensa nos seus maiores, destinando máis de 1 millón de euros anuais a Asuntos Sociais e dando atención a 3.000 persoas”, dixo. “Apostamos polo deporte e a cultura con novas dotacións e un apoio incondicional aos nosos deportistas e artistas locais”.  “Mos hoxe en día ten nome propio, está no mapa, é a máquina do tren da área metropolitana”.  

 Como parte do programa que Nidia Arévalo pensa desenvolver se sae reelexida alcaldesa, salientou  a idea de transformar O Rebullón nunha residencia e Centro de Día, a continuar coas humanizacións e os carrís bici ou loitar porque a mocidade teña pleno emprego

Ningún comentario:

Publicar un comentario