O PP DE SALCEDA ACONSELLA O ALCALDE QUE LEA O INFORME DA SECRETARIA MUNICIPAL PARA NON ACUDIR CON “MENTIRAS” Á XUSTIZA E LEMBRA QUE O EDIL VOTOU “SACAR A CONCURSO A PRAZA” E NON O “NOMEAMENTO DO TESOUREIRO”
Santiago Rodríguez Davila, candidato á alcaldía e portavoz do grupo popular, cualifica de “triste” que “a Marcos Besada xa non lle queden máis balas na recámara que ameazar coa xustiza para xustificar a caza de bruxas do último pleno” rexeitada por toda a oposición e por todos os sindicatos
Santiago Rodríguez Davila, candidato á alcaldía e portavoz do grupo local do Partido Popular
Infogauda / Salceda de Caselas
O PP de Salceda a través do seu candidato á alcaldía e portavoz do grupo local, Santiago Rodríguez Davila, responde á ameaza do goberno de Marcos Besada aconsellándolle que “se volva a ler o informe da secretaria municipal antes de acudir con mentiras á xustiza” e lémbraa que foi a propia funcionaria quen explicou, a través deste escrito, que o edil popular Joaquín Núñez non estaba obrigado a absterse nin a saír do salón de plenos porque o que se estaba votando era a saída a concurso da praza de Tesoureiro e non o nomeamento do traballador.
“Tardaron dous días en planificar a campaña de manipulación a través desta suposta denuncia, isto non é máis que unha cortina de fume ante o ridículo que Besada e a súa man dereita, Dolores Castiñeira, fixeron o último día da súa lexislatura. Non contaban con que ata os sindicatos puxésenselle en contra e agora queren meter os xuíces nunha campaña electoral na que teñen poucas cousas que vender, é moi lamentable terminar así 12 anos de xestión municipal”, engade Davila.
Secretarios de outros concellos “non dan crédito”
O concelleiro Joaquín Núñez permaneceu no salón de plenos e exerceu o seu dereito a voto “avalado” tanto polo informe da secretaria municipal como polo asesoramento dos secretarios municipais doutros concellos da área de Vigo quenes “non dan crédito” da “manobra” e da “caza de bruxas” deste alcalde de Salceda capaz de “perseguir” e “acosar” os traballadores por non “obedecer ordes presuntamente ilegais” como xa explicaron os delegados sindicais.
Por último, e en canto o reiterado cumprimento da lei que alega Besada no seu escrito de ameaza con acudir á vía xudicial, Davila lémbralle que “non se pode cumprir a lei só un día nos doce anos de lexislatura, que hai que cumprila cada día e non cando interesa, algo propio dos réximes ditatoriais nos que se maltrataba e insultábase aos traballadores”.
Apoio o funcionario e a edil popular
Desde o PP de Salceda manifestan o seu “total apoio e respaldo” a todos os traballadores do Concello e, neste caso, especialmente o funcionario “punto do día” do último pleno ordinario desta lexislatura. Do mesmo xeito que o edil Joaquín Troncoso, quen “traballa de forma obxectiva e desinteresada desde a oposición para evitar, precisamente, actitudes caciquiis como esta”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario