A EXPOSICIÓN ROMPE – XOGA EN IGUALDADE CHEGOU A VILA ROSALEIRA
A exposición estará aberta ao público durante todo o mes de maio en horario de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h, de luns a venres, excepto festivos
Isaura
Abelairas, deputada de Igualdade presentou a exposición, á que tamén
asistiron a alcaldesa do Rosal María del Carmen Alonso Alonso e a concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo; Isabel Blanco, artista e creadora das bonecas intervidas e
Irene Silva, directora artística do proxecto
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
O pasado luns 29 de abril foi a presentación da exposición ROMPE – XOGA EN IGUALDADE que a Deputación de Pontevedra cede ao Concello do Rosal ata o 3 de xuño. Isaura Abelairas, deputada de Igualdade presentou a exposición, á que tamén asistiron a alcaldesa do Rosal, María del Carmen Alonso Alonso e a concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo; Isabel Blanco, artista e creadora das bonecas intervidas e Irene Silva, directora artística do proxecto.
Trátase dunha exposición de poesía visual na que o obxecto fala por si mesmo precisando apenas un texto explicativo. As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenas e nenos así como na transmisión de valores. As bonecas expostas transmiten valores sexistas que se reproducen nos xogos, dirixindo en gran medida as condutas das nenas e dos nenos.
40 nenos e nenas de 5º de primaria do CPI Suárez Marquier asistiron á presentación e posterior visita guiada pola artista da obra, Isabel Blanco, que explicou ás persoas asistentes o significado de cada unha das obras.
A exposición estará aberta ao público durante todo o mes de maio en horario de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h, de luns a venres, excepto festivos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario