15 de maio de 2019

OIA

Alfonso Rueda destaca o modelo de xestión de Cristina Correa: “A alcaldesa axeitada para dar a Oia a estabilidade que precisa” 

• O presidente provincial, acompañado por Ana Pastor, puxo en valor a un equipo preparado para gobernar e que aúna o talento cunha importante capacidade de traballo.  

A candidata á Alcaldía presenta a lista de 17 persoas coa que  concorrerá ás eleccións municipais cun programa baseado no urbanismo, o fomento da economía, as melloras fiscais ou a recuperación do patrimonio. 

Cristina Correa - no centro da imaxe -, candidata do Partido Popular á Alcaldía de Oia, con Ana Pastor e Alfonso Rueda
  
Infogauda / Oia

 O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, destacou hoxe o modelo de xestión de Cristina Correa, baseado na cercanía aos veciños e nos proxectos útiles mantendo as contas saneadas. Deste xeito, definiu a Correa como “a alcaldesa axeitada para dar a Oia a estabilidade que precisa” durante os vindeiros catro anos, chamando a unir o voto en torno a súa candidatura, composta por un equipo de xente “preparada e moi motivada” a fin de obter unha maioría ampla e clara o 26 de maio.   

 “Cristina é unha persoa nova pero que xa ten experiencia na responsabilidade de goberno, que aúna o talento coa capacidade de traballo e que presenta un proxecto integrador e con propostas para todos”, dixo Rueda durante a súa intervención nun mitin, no que tamén participou Ana Pastor, que serviu de presentación da lista que acompañará a Cristina Correa na súa candidatura á Alcaldía.   

 Tras destacar a valentía da candidata e do seu equipo “por dar un paso adiante para tentar mellorar a vida dos seus veciños”, o presidente provincial incidiu en que os populares “saen con moita ilusión, con moitas propostas para os concellos e coa intención de gañar” nas eleccións municipais. Nesta liña, apelou a traballar con intensidade  e destacou ao PP como un partido unido, traballador e que ten experiencia. “Unha garantía de estabilidade, compromiso e saber facer”.  

Cristina Correa Pombal na súa intervención con tódalas persoas que forman parte da candidatura do PP en Oia


 Pola súa banda, Cristina Correa indicou que si sae reelexida Oia continuará “na senda do avance en positivo”, con políticas orientadas a axudar aos veciños, a manter o bo clima social e sempre con vocación de servicio. Igualmente, tras agradecer a lealdade e o esforzo do seu equipo, a candidata desgranou algunas das propostas máis importantes do seu programa, entre as que citou o obxectivo de desbloquear o PXOM, o fomento da actividade económica e do emprego, as melloras fiscais, a recuperación do patrimonio, a aposta polo medioambiente e as políticas sociais ou a eficiencia enerxética.

  Finalmente, Cristina Correo presentou ás 17 persoas que compoñen a súa lista de cara ás eleccións do 26 de maio.
 
CANDIDATURA DO PP DE OIA ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 26 DE MAIO

1.         Cristina Correa Pombal
2.                Augusto Lomba Lorenzo
3.                Francisco Giráldez González
4.                José Manuel Rodríguez González
5.                Carmen María Estévez Adrover
6.                Modesto Pereira Treinta
7.                Manuel Fernández Pregal
8.                María Teresa Álvarez Crespo
9.                Dalia González Pulido
10.          Silvia González Alonso
11.          Sidonio Gómez Martínez

12.          Jesús Durán Diego
13.          Manuela Alonso Mariño
14.          Ismael Martínez Domínguez
15.          Carmen Portela Pérez
16.          Jorge González Alonso
17.          Lorena Fernández González

Ningún comentario:

Publicar un comentario