Os socialistas do Rosal presentan a súa candidatura ás Eleccións Municipais
O sábado día 11 de maio, ás 12:00 horas, no Centro Social Polivalente
Infogauda / O Rosal
Os Socialistas de O Rosal presentan este sábado día 11 de maio, ás 12:00 horas, no Salón Multiusos do Centro Social Polivalente do Rosal, a súa candidatura ás Eleccións Municipais.
Nese evento, que será presentado por José Manuel Domínguez Freitas, ex alcalde de A Guarda, intervirán Modesto Pose, senador electo polo PSdeG-PSOE e o candidato á Alcaldía polo PSdG-PSOE, José Carlos Martínez Crespo.
Os Socialistas de O Rosal lembran que “o 26 de maio vanse celebrar eleccións municipais ás que José Carlos Martínez Crespo preséntase como candidato para a Alcaldía do Rosal polo PSdG-PSOE. Nesa data estamos chamados as urnas para definir a composición da futura Corporación Municipal do Rosal.
A candidatura do PSdeG-PSOE é unha aposta rupturista cas vellas tendencias e renovada”. Está formada polas seguintes persoas:
1. JOSE CARLOS MARTÍNEZ CRESPO
2. JUANA ROSA MACEIRAS RIOMAO
3. MIGUEL ÁNGEL RODRÍGUEZ VELASCO
4. BEGOÑA DOMÍNGUEZ CERQUEIRA
5. LUIS GIRÁLDEZ GIRÁLDEZ
6. MARÍA CONCEPCIÓN ALONSO RODRÍGUEZ
7. JOSE MANUEL GÓMEZ CAMPOS
8. MILAGROS LORES TORRES
9. MATÍAS MARTÍNEZ MARTÍNEZ
10. SILVIA RODRÍGUEZ DURÁN
11. JOSE LUÍS GÓMEZ TRIGO
12. CARMEN MARÍA RODRÍGUEZ LAGOS
13. JULIO VICENTE GONZÁLEZ
En decraracions a este xornal dixital transfronteirizo, José Carlos Martínez Crespo afirma: “O proxecto progresista que lidero está comprometido cun Rosal plural, como a nosa veciñanza, igualitario dende a diversidade, inclusivo, pensado a partir dun modelo de convivencia que soubemos construír e que non podemos deixar que se perda.”

Ningún comentario:
Publicar un comentario