16 de maio de 2019

O ROSAL

Modesto Pose (senador electo do PSdeG-PSOE): “José Carlos Martínez é unha persoa moi válida para encabezar un goberno socialista no Rosal” 

José Carlos Martínez Crespo (candidato á Alcaldía do Rosal): “O proxecto que lidero está comprometido cun Rosal plural, como a nosa veciñanza, igualitario dende a diversidade, inclusivo, pensado a partir dun modelo de convivencia que soubemos construír e que non podemos deixar que se perda”.



Modesto Pose, senador electo polo PSdeG-PSOE e José Manuel Domínguez Freitas, ex alcalde de A Guarda participaron na presentación da candidatura que lidera José Carlos Martínez Crespo

Vista parcial do público que asistiu no Centro Social Polivalente á presentación da candidatura do PSdeG-PSOE

Infogauda / O Rosal

 Os Socialistas de O Rosal realizaron onte mércores día 15 de maio, a presentación da súa candidatura ás Eleccións Municipais ante un ateigado Centro Social Polivalente. 

 O evento foi presentado por Rosa Maceiras, nº 2 da candidatura, quen deu paso a José Manuel Domínguez Freitas, ex alcalde de A Guarda, quen amosou o seu apoio ao candidato do Rosal, sinalando que é “unha persoa formada e preparada para rematar coas políticas partidarias e obsoletas do PP no Rosal”. 

 Modesto Pose, senador electo polo PSdeG-PSOE, destacou a importancia de que os socialistas gobernen O Rosal, unha oportunidade de ouro para un cambio tan esperado na vila baixomiñota. 


José Carlos Martínez Crespo, candidato á Alcaldía do Rosal polo PSdG-PSOE

 Para rematar o acto tomou a palabra o candidato á Alcaldía polo PSdG-PSOE, José Carlos Martínez Crespo, nado fai 42 anos en Caselas, na xuradía de Fornelos, que afirmou estar orgulloso de encabezar esta candidatura e voltar á miña orixe, con responsabilidade para liderar un proxecto político progresista e renovado

 “O proxecto que lidero está comprometido cun Rosal plural, como a nosa veciñanza, igualitario dende a diversidade, inclusivo, pensado a partir dun modelo de convivencia que soubemos construír e que non podemos deixar que se perda”, relembrou José Carlos Martínez Crespo.

 De seguido presentou á candidatura para os comicios do 26 de maio:

    1.     JOSE CARLOS MARTÍNEZ CRESPO
    2.     JUANA ROSA MACEIRAS RIOMAO
    3.     MIGUEL ANGEL RODRÍGUEZ VELASCO
   4.     BEGOÑA DOMÍNGUEZ CERQUEIRA
   5.     LUIS GIRÁLDEZ GIRÁLDEZ
   6.     MARIA CONCEPCIÓN ALONSO RODRÍGUEZ
   7.     JOSE MANUEL GÓMEZ CAMPOS
   8.     MILAGROS LORES TORRES
   9.     MATIAS MARTÍNEZ MARTÍNEZ 
 10.     SILVIA RODRÍGUEZ DURÁN
 11.      JOSE LUIS GÓMEZ TRIGO
 12.      CARMEN MARIA RODRIGUEZ LAGOS
 13.     JULIO VICENTE GONZÁLEZ

Ningún comentario:

Publicar un comentario