ACTIVIDADE DOS SOCIALISTAS DE TOMIÑO
Infogauda / Tomiño
Infogauda / Tomiño
Actividade dos Socialistas de Tomiño para estes días:
Xoves, 16 de maio, mitin en Vilameán ás 21.30h. na Casa Social. Interveñen: Jaime Cerviño, Marisol Alvarez, Mirta Misa e Violeta De Santiago.
Venres 17 de maio ás 20h., mitin no Centro Cultural de Figueiró. Interveñen: Fernán Muñoz, candidato por Figueiró; Mirta Misa, candidata nº 2 por Goián, e Violeta de Santiago, candidata a Alcaldía de Tomiño.
Sábado 18 de maio, ás 19 h. no Hotel Nova Colina de Tomiño. Interveñen: Alfonso Lorenzo, candidato nº 7; Mirta Misa, candidata nº 2; Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra e Violeta De Santiago Candidata a Alcaldía de Tomiño.
Os Socialistas de Tomiño afirman: "Estamos afrontando esta campaña electoral con moita ilusión e traballo, nos diversos mitines e charlas cos veciños de Tomiño. Nótase a inquietude e paixón por un cambio de rumbo e un xeito distinto de gobernar.
Os socialistas de Tomiño ofrecemos a candidatura para conseguir esa demanda que a veciñanza reclama, con humildade, con cercanía, con proxecto, con experiencia e frescura e sobre todo cun eixo principal, que son tódolos veciños, sexan do rural ou do casco urbán.
O EFECTO VIOLETA E IMPARABLE. E SEMPRE CARA ADIANTE!"
Ningún comentario:
Publicar un comentario