18 de maio de 2019

A ESTRADA

Alfonso Rueda destaca o modelo de xestión de José Carlos López Campos, que é “garantía de estabilidade” para A Estrada 

• O presidente provincial suliñou, nun acto no que tamén estivo Francisco Conde, que “é o alcalde axeitado” para que este concello continúe a súa gran transformación e camiñe pola senda do crecemento, chamando a unir o voto no PP 

• O candidato á Alcaldía adiantou parte do programa que porá en marcha se é reelexido, incidindo na aposta polo emprego, por dotar aos  emprendedores de máis suelo industrial e por impulsar ao rural 


O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, con José Carlos López Campos, candidato do Partido Popular á Alcaldía e Francisco Conde


Vista parcial da veciñanza que asistiu ao mitin central dos populares na Estrada

Infogauda / A Estrada

 O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, destacou hoxe o modelo de xestión de José Carlos López Campos, suliñando que é “garantía de estabilidade” para A Estrada de cara aos vindeiros catro anos. “É o alcalde axeitado para seguir desenvolvendo un gran traballo, como ata agora,  e que este concello continúe pola senda do crecemento”, asegurou.  

 Nesta liña, durante a súa intervención no mitin central na localidade na campaña das municipais, no que tamén estivo Francisco Conde, Rueda apelou a unir o voto en torno ao PP o 26 de maio para conformar un goberno municipal forte e sólido na Estrada, da man “do mellor equipo posible”, formado por persoas “valientes e preparadas”. “Cun alcalde que é o gran protagonista da transformación que se está a levar a cabo en A Estrada nos últimos anos, que sabe dialogar e que sabe conseguir acordos e inversión importantes”.  

 Tras poñer en valor o proxecto integrador e de cercanía de José Carlos Campos, salientando que o cariño que lle teñen os veciños “non é casualidade, senón froito do seu traballo”, o presidente provincial incidiu en que os populares “saen con moita ilusión, con moitas propostas para os concellos e coa intención de gañar” o vindeiro domingo. Deste xeito referiuse ao PP como un partido con ideas e proxecto claro, que é garantía de “compromiso, experiencia de goberno e saber facer” .   

 Pola súa banda, José Carlos López Campos, acompañado por todo o seu equipo, fixo balance dos logros acadados nos últimos anos e avanzou parte do programa que vai a poñen en marcha no concello no caso de revalidar á Alcaldía, facendo fincapé no referente ao emprego e a poñer a disposición dos emprendedores máis solo industrial.   

 Igualmente deixou clara a súa disposición de seguir apostando polo rural, “que é moi importante e necesita proxectos de futuro, avanzando no saneamento ou na extensión da fibra óptica”. Tamén remarcou o traballo feito para acadar fondos europeos para o desenvolvemento urbano, e por último referiuse a ampliación da Alameda, que encaixa na súa idea de facer de A Estrada “unha cidade para as persoas”.   

 “Temos que seguir medrando e construindo o futuro xuntos. Con máis ilusión que nunca”, dixo o candidato popular ante un pabellón Manuel Coto Ferreiro abarrotado, chamando a “traballar para seguir medrano xuntos,   con intensidade e sen confianzas” de cara a gañar as eleccións do 26 de maio e acadar de novo a maioría absoluta do PP. 


ANDIDATURA DO PP DE A ESTRADA ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 26 DE MAIO


1.         José Carlos López Campos
2.                Alberto Manuel Blanco Carracedo
3.                Amalia Goldar Cora
4.                María Ángeles Pais Carbia
5.                Juan Manuel Constenla Carbón
6.                Miguel Óscar Rancaño Brañanova
7.                María del Carmen Durán Lea
8.                José Ismael Pena Villamor
9.                Lucía Seoane Rosende
10.          Gonzalo Louzao Dono
11.          Alfonso Figueiras Rey
12.          Óscar Alejandro Durán Barros
13.          Manuel Magariños Maceiras
14.          Jessica Rodríguez Calviño
15.          Beatriz Pazos Alonso
16.          José Manuel Blanco Sanmartín
17.          Nemesio Ignacio Rey Pazos
18.          Rocío Blanco Mosquera
19.          José Manuel Sueiro Loureiro
20.          María Laura Baliño Gómez
21.          María Solicita Duro Barcala

22.          Valentín García Gómez
23.          Luis Francisco Rey González
24.          Montserrat Carracedo Goldar
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario