O TORNEO COMARCAL DE FÚTBOL SALA DE VERÁN VOLVERÁ A CELEBRARSE EN MONDARIZ SE ANA CORREDOIRA CHEGA Á ALCALDÍA
O encontro xogábase ao longo dun mes e coincidía coas festas patronais da localidade en agosto, o que supoñía un aliciente máis para que veciños doutros municipios da contorna, xogadores e afeccionados, desprazásense ata esta vila
Infogauda / Mondariz
A candidata popular á alcaldía de Mondariz, Ana Corredoira, dentro do seu plan de dinamización económica e social, comprométese a recuperar o Torneo Comarcal de Fútbol Sala que tradicionalmente se celebraba no municipio durante as festas patronais do mes de agosto e que “enchía” o pavillón en todos os partidos. “Se queremos que a xente veña a Mondariz para que o comercio e a hostalería móvanse, temos que crear eventos atractivos e que mellor que comezar a recuperar aqueles que sabemos que funcionaban e que gustaban, ademais de carácter deportivo, e poñernos a traballar con todo o movemento asociativo para crear novos encontros que poñan a Mondariz no mapa deportivo, cultural e ambiental”, explica Corredoira.
Neste encontro participaban xogadores afeccionados de varios concellos da comarca e estaba organizado pola concellería de Deportes e por veciños de Mondariz. Disputábanse varios partidos durante un mes no que “o noso pobo convertíase en epicentro do deporte de toda a comarca do Condado”, estraña a candidata que está disposta a “volver a eses momentos gloriosos traballando desde o concello con apoio económico e loxístico”.
Fomento do deporte e máis axudas para o movemento asociativo
A creación de novas instalacións deportivas é unha responsabilidade que asume Corredoira se alcanza a alcaldía de Mondariz, pero non a única. Ten un propósito claro de “mellorar substancialmente as axudas a clubs e asociacións para que poidan financiar máis e mellores actividades deportivas, culturais e festivas”. Ana e o seu equipo están convencidos de que “temos que mollarnos, que apostar polas persoas e polas iniciativas, de dinamizar o tecido asociativo e de incentivalos para que, conxuntamente co Concello, poñan en marcha unha oferta de lecer e tempo libre atractiva e variada para as familias”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario