5 de maio de 2019

MADRID



PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA DE GALICIA EN MADRID/CASA DE GALICIA 

PARA A SEMANA DO LUNS 6 AO VENRES 10 DE MAIO DE 2019




 Martes, 7

19:30 horas 

 A Delegación de la Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a inauguración de "DEUS NO CAPITALISMO", exposición de pintura de Juan González Iglesias, artista de ascendencia galega cuxa obra rompe, de forma radical, cos estritos conceptos da arte convencional e adéntrase en terreos que van máis aló do plástico.


 González Iglesias estudou Administración de Empresas, empezou a súa carreira como creativo publicitario e continuóuna en tendencias de moda. Tras un poderoso espertar espiritual, abandonou todo e dedicouse por completo á arte. As súas obras lembran que “a comuñón con Deus é inevitable, por moi  cínico que sexa o espectador e por moitos  smartphones que haxa”.



 A mostra “Deus no capitalismo” poderá visitarse nas Salas A e  B da Casa de Galicia  ata o 31 de maio en horario, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.



Xoves, 9

19:30 horas 

 Presentación do libro "LA JUBILACIÓN, UNA NUEVA OPORTUNIDAD", de Bartolomé Freire, no que o médico e psiquiatra expón algunhas claves para obter o máximo partido da vida de xubilado, con novos retos e oportunidades para esta etapa que, “pode ser un período moi satisfactorio, se se atopan metas que lle dean sentido”.


 Bartolomé Freire, (Xuvia. A Coruña), propón neste libro, publicado polo editorial LID, facer un esforzo individual para manterse activo e conectado e formar parte dos programas, públicos ou privados, que axudan ás persoas para planificar e a conseguir a xubilación que desexen.



 No acto intervirán, ademais do autor Bartolomé Freire Arteta; o escritor e xornalista, Alfonso S. Palomares; así como o médico psiquiatra e psicoanalista, Carlos  Mingote Adán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario