4 de maio de 2019

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

O DIRECTOR DUNHA IMPORTANTE EMPRESA HOSTALEIRA VISITOU ONTE O HOTEL RESTAURANTE PAZO MONTE SANTA TECLA

Estivo acompañado por membros da xunta reitora da Comunidade de Montes de Camposancos e polo candidato do PP á Alcaldía de A Guarda

Alberto Rodríguez Bao - 2º pola der.- director xeral de Alda Hotels, co presidente e o vogal, da xunta reitora da Comunidade de Montes de Camposancos, José Fernando Martínez Martínez e Antonio Mario Baró Pereira, respectivamene, e o candidato á Alcaldía de A Guarda polo PP, Roberto José Álvarez Carrero 
Fotos: C.MM.VV.M.C.C.

Infogauda / Camposancos

 A xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos (A Guarda), ven de dar a coñecer que por mediación de Mª Nava Castro Domínguez, directora de Turismo da Xunta de Galicia, onte, día 3 de maio, visitou as instalacións do Hotel Pazo Monte Santa Trega, Alberto Rodríguez Bao, director xeral de Alda Hotels -  empresa hostaleira con aloxamentos en destacadas cidades (Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Valladolid, Burgos, ..., de varias comunidades autónomas -, para coñecer o estado en que atópase o hotel-restaurante ubicado no Pico de San Francisco, do monte Santa Trega, e interesarse en que condicións poderíase adquirir en réxime de concesión. 

Alberto Rodríguez Bao con Roberto José Álvarez Carrero e Óscar Alonso Álvarez


 Segundo indicaron as mesmas fontes, o Sr. Rodríguez Bao estivo acompañado polo avogado e candidato do PP a Alcaldía de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero e polo concelleiro e candidato nº 2, Óscar Alonso Álvarez, que foron recibidos no Hotel Pazo polos compoñentes da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, José Manuel Malheiro Gutiérrez, Antonio Mario Baró Pereira  e José Fernando Martínez Martínez, os cales amosáronlle as instalacións e fixéronlle saber as previsións que teñen para o hotel.

 "(...) Dixémoslle que o sacamos a concurrencia pública, llo adxudicamos a Fundación Casdemiro Julio Francisco Ogando de Ourense, representada por José Otero e que con etéreas disculpas renunciaron, motivo polo cal agora estamos estudando polo miudo varias ofertas e sen presas, e llo adxudicaremos a quen nos pareza mellor, tanto no referente ao investimento no hotel como na creación de emprego (...)", afirmou José Fernando Martínez Martínez, presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario