3 de maio de 2019

MADRID

IUS  PUBLICUM  INNOVATIO,  SPIN- OFF DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA, ASINA UN CONVENIO CO  PARLACEN PARA O INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS CIENTÍFICAS E ACADÉMICAS 

Na sede da Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia  


O delegado da Xunta, José Ramón Ónega (1º esq.), con Irma Amaya, presidenta do Parlacen (4ª esq.), Jaime Rodríguez-Arana, presidente IPI (1º der.) e membros dos seus respectivos equipos
Foto: Casa de Galicia 

Infogauda / Madrid

 A Delegación de la Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu nas súas instalacións a firma dn convenio marco de colaboración entre  Ius  Publicum  Innovatio (IPI),  spin- off da Universidade da Coruña, e o Parlamento Centroamericano (Parlacen). O convenio, que foi asinado pola presidenta do  Parlacen, a deputada Irma  Amaya, e o presidente de  Ius  Publicum  Innovatio, o catedrático de Dereito Administrativo Jaime Rodríguez-Arana, pretende facilitar espazos de reflexión e consulta sobre a necesidade de fortalecer o proceso de integración  centroamericana de maneira integral a través do intercambio de experiencias científicas e académicas. Ambas as partes foron recibidas polo delegado da Xunta, José Ramón Ónega, quen lles felicitou pola iniciativa.    

 IPI é unha entidade xurdida da Universidade que ten por obxectivo transferir os resultados da investigación académica no marco do Dereito Público dos profesores que a integran á sociedade a través de asesoramento xurídico innovador. Desde esta entidade proporciónanse solucións e respostas xurídicas en asuntos de elevada complexidade en materia de Dereito Administrativo e Ciencias da Administración Pública.   

 O seu fundador, Jaime Rodríguez-Arana, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña, como os seus membros, contan cunha sólida formación científica que contribúe de forma directa á ampliación dunha cultura de emprendemento e confórmase como unha ferramenta de vinculación coa sociedade.  

 O Parlamento  Centroamericano é o órgano de representación democrática e política dos pobos centroamericanos e dominicano, que exerce as funcións parlamentarias do Sistema Comunitario de Integración Rexional, que pretende alcanzar a unión dos pobos que o integran.  

 A súa principal misión é exercer un liderado eficaz e democrático entre os distintos sectores rexionais que, dentro do desenvolvemento sustentable, fomente a construción gradual e progresiva da Unión  Centroamericana e de República Dominicana conformando unha sociedade moderna, xusta e solidaria que garanta o respecto aos dereitos humanos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario