MOCIDADE
Alumnos da Sangriña participan no Proxecto Conecta+: un enfoque positivo hacia as novas tecnoloxías
Vista parcial dunha aula do IES A Sangriña, coa monitora e os escolares que participan no Proxecto Conecta+
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Ao longo desta semana o alumnado de terceiro da ESO do IES A Sangriña participou en varias charlas enmarcadas no Proxecto Conecta+, impulsado dende a Concellería de Xuventude do Concello de A Guarda.
Nesta actividade o alumnado traballou cos recursos e ferramentas que ofrece Internet e as pantallas dixitais, coñecendo todo que aportan aos adolescentes e tamén concienciando da súa importancia para eles, si ben tendo en conta a prevención das condutas de risco e o emprego inadecuado das tecnoloxías.
Un programa de prevención poñendo o foco nos beneficios e no positivo, non centralizado no problema, aprendendo e ofertando ferramentas e criterios.
Para o seu desenvolvemento o Proxecto Conecta+ contou cunha profesional coñecedora tanto das tecnoloxías como dos adolescentes, desenvolvendo un proxecto baseado neles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario