20 de maio de 2019

DEPORTES

UNHA PRATA E DOUS BRONCES PARA OS ATLETAS DO SAN XEROME
  
NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ATLETISMO FEDDI


Vanesa Martínez logrou unha medalla de parata en lanzamento de peso


                 María Fernanda García logrou unha medalla de bronce en lanxamento de xavelina

Fabio Martínez, logrou unha medalla de bronce en lanzamento de disco

Informa: (fotografías e Redacción): Ariana González Verde 

 Cerca de 300 participantes, de 47 equipos de 16 comunidades autónomas, participaron no campionato de España de atletismo ao aire libre que se celebrou na cidade de Granada dende o 16 ao 19 de maio.
 Do Club Deportivo do San Xerome participaron 7 deportistas: Borja, Fabio, Luís, María Fernanda, Vanesa, Nuria e Maite Santos.

 As actuacións máis destacadas dos atletas do Club Deportivo do San Xerome foron a prata en lanzamento de peso, de Vanesa Martínez, e os bronces de María Fernanda García en xavelina, e Fabio Martínez en disco.  

Resultados:  

· Vanesa, medalla de prata en lanzamento de peso, 4º posto en xavelina e 8ª en disco  
· María Fernanda, medalla de bronce en xavelina, 4º posto en disco e 5ª en peso  
· Fabio, bronce en lanzamento de disco, 5º en peso e 7º en xavelina  
· Nuria, 4ª en 400 ml e 800 ml na categoría adaptada feminina. 7ª en lanzamento de peso  
· Maite Santos, 8ª en 400 ml e 9ª en 800 ml  
· Luís Antonio, 17º en 800 ml e 23º en 400 ml  
· Borja, 19º nos 5.000ml e 1.500 ml  

Ningún comentario:

Publicar un comentario