20 de maio de 2019

A GUARDA

O GRUPO DE ACORDEONS MASCARENHAS OFRECEU UN CONCERTO NA CASA DE GALICIA, EN LEÓN

O pasado sábado día 18 de maio, conmemorando o Día das Letras Galegas


Compoñentes do Grupo de Acordeóns Mascarenhas nos intres previos á súa magnífica actuación na Casa de Galicia, de León
Fotos: Rosa González Arzúa


Ricardo Rodríguez Vicente /A Guarda

  O Grupo de Acordeons Mascarenhas, fundado e dirixido por José Luis Lorenzo Rodríguez actuou o pasado sábado na Casa de Galicia, en León, ofrecendo un magnífico concerto.

O respectable público disfrutou co concerto que ofreceu o Grupo de Acordeons Mascarenhas


 Ata a capital leonesa, os compoñentes do Grupo de Acordeons Mascarenhas levaron súa amizade e súa magnífica mensaxe na lingua universal da Música, interpretando o seguinte programa:

· Yesterday
· Bésame mucho - Perfidia
· Los Nardos
· Yo vendo unos ojos negros
· El día que me quieras - Adios muchachos
· La vida es bella - Vereda tropical
· Aquarela brasileira
· Islas Canarias
· Que tiempo tan feliz  - Hello Dolly
· El cumbanchero - Manisero
· Negra Sombra - Unha noite na eira do trigo
· Ponteareas
· Na punta do pé
· Muiñeira de Santa Trega
· Pasodoble guardés
· Himno Galego

 Como pode apreciarse, o repertorio foi amplo e variado, e ademais de interpretar obras moi coñecidas, tamén houbo tempo e espazo para ás composicions de fonda raigame galega, e mesmo creacions da autoría do compositor José Luis Lorenzo Rodríguez. 

 Compre salientar que ademáis da música dos acordeóns e dunha sutil percusión, o Grupo Mascarenhas coidou tódolos detalles, e mesmo incorporou nalgúns temas, os sons dunha gaita galega e dunha frauta traveseira.

 E como agradecemento a calurosa acollida dispensada polo respectable público que asistiu o concerto, o Grupo de Acordeóns Mascarenhas interpretou tamén: 

· Popurri galego
· La polka del autobús
· El gato montés 

 Foi unha grata velada conmemorativa do Día das Letras Galegas, que tivo como preludio unha visita á catedral de León, na que participaron os compoñentes da Asociación Musical Mascarenhas e acompañantes.

 E na xornada do domingo disfrutarían dunha saída turística pola cidade e o posterior xantar, o remate do cal, retornaron felizmente ata nosa vila.

 Dese xeito, o Grupo de Acordeons Mascarenhas, foi, unha vez máis e por méritos propios, embaixador cultural de A Guarda e de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario