13 de maio de 2019

CULTURA

O ACTOR OURENSÁN RUBÉN RIÓS DARÁ VIDA A JUAN PARDO NA FICCIÓN  

A súa andaina na ficción dará lugar co seu inicio de rodaxe en Sevilla hoxe día 13 de maio


 Rubén Riós e Jorge Usón

Infogauda / Sevilla

 O actor galego Rubén Riós encarnará o papel de Juan Pardo na  moviedoc (parte documental, parte ficción) chamada “Pardo pola música” nada para render homenaxe a un dos cantautores e compositores máis grandes de todos os tempos. 

 Un gran paso máis na carreira deste novo actor que segundo as súas palabras expresa atoparse moi feliz e emocionado ante este novo reto. 

 “Juan  Pardo na miña casa sempre foi moi querido e respectado. Juan é un visionario creativo que me impactou pola súa capacidade creativa, amor á nosa terra, ao noso idioma e ás súas xentes”, segundo palabras do actor. 

 O proxecto producido por  Magnetika  films e dirixido polo director sevillano Jesús Ponce para TVG e Canal Sur conta cun elenco artístico de primeira categoría na peza de ficción como o son Rubén Riós,  Desiré Pillado, Alfonso Agra, Jorge  Usón, e Anmi  Lamar entre outros. E na súa vertente documental poderemos gozar coas palabras de Lucía Pérez, Nonito Pereira,  Lys Pardo, Karina, Luz Casal, Maria Teresa Campos, Lucía  Bosé, Paloma San Basilio e moitos máis. 

 A súa andaina na ficción dará lugar co seu inicio de rodaxe en Sevilla hoxe día 13 de maio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario