12 de maio de 2019

CANGAS DO MORRAZO

Alfonso Rueda: “Cangas necesita un cambio para volver o camiño da xestión eficaz e dos proxectos e Sotelo é o mellor alcalde posible”   

• O presidente provincial destaca o seu carácter dialogante e a súa aposta por ter unha boa interlocución co resto das administracións para unha colaboración leal e efectiva 

• O candidato á Alcaldía presentou a lista coa que concorrerá ás eleccións municipais do vindeiro día 26 e adiantou as principais medias do seu programa, incidindo na rebaixa de tasas e impostos e o impulso á pesca e ao turismo 


O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda con José Enrique Sotelo, candidato á Alcaldía de Cangas do Morrazo,xunto con tódolos membros da candidatura

Infogauda / Cangas do Morrazo

 O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou hoxe que Cangas precisa un cambio ao frente do Concello para volver ao camiño da xestión eficaz e dos proxectos, suliñando que José Enrique Sotelo é a persoa "axeitada" e "o mellor alcalde posible". Deste xeito, apelou a unir o voto en torno ao PP o 26 de maio como única alternativa a actual parálise e para que a localidade volva a ter un goberno serio e con capacidade de sacar adiante os proxectos necesarios.   

 Durante a súa participación no acto de presentación da lista coa que José Enrique Sotelo concorrerá ás eleccións municipais como candidato á Alcaldía,  Rueda puxo en valor o carácter e a experiencia dunha persoa “valiente e das que sempre da a cara”,  que está preparada para poñerse a gobernar “desde o primeiro día. Nesta liña destacou o seu propósito de manter unha boa interlocución co resto das administracións para manter unha colaboración leal e efectiva en lugar de "non facer nada e botarlle a culpa de todo aos demáis".  

 “Saímos a gañar en Cangas, como o facemos no resto dos concellos da provincia”, remarcou o presidente provincial, poñendo en valor unha lista con talento, que aúna veteranía e renovación, e amosando a súa confianza en obter un gran resultado nas eleccións.   

 Pola súa banda, José Enrique Sotelo adiantou parte do programa que levará a cabo en caso de ser alcalde facendo fincapé na rebaixa das tasas e impostos asi como o gasto corrente, para facer "máis con menos". Tamén se comprometeu a levar a cabo un plan estratéxico para poñer en valor a transformación da pesca e o turismo, así como impulsar o emprego, a sanidade e potenciar a mobilidade cun plan de transporte público.   

 Por último remarcou a necesidade de convertir Cangas nun concello "ao servizo das persoas", cunha xestión eficaz, apoiando ao deporte, as persoas maiores e as políticas sociais.
 
CANDIDATURA DO PP DE CANGAS ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 26 DE MAIO
                          
1.       José Enrique Sotelo Villar
2.                Rafael Soliño Costas
3.                SilvMaría Dolores Hermelo Piñeiro
4.                Pío Millán Blanco
5.                Rosa Mary de la Campa Portela
6.                Rafael Jiménez Fernández
7.                Francisco Javier Soliño Soliño
8.                Óscar Manuel García Juncal
9.                Belén Cabanelas González
10.          Alba Cordeiro Magdaleno
11.          Luís Martín Carnero Feijóo
12.          Silvia Francisco Sotelo
13.          Fernando Crego Vidal
14.          José Manuel Boubeta Martínez
15.          Salomé Rodríguez Graña
16.          Anastasia Torres Nogueira
17.          Ana María Gestido Martínez
18.          al Rafael Graña Rial
19.          Manuel Ángel García Caballero
20.          Dolores Gallego Santos
21.          Serafín Menduiña Bermúdez

22.          Roberto Luis Rial Rial
23.          María Luisa González Queimaño
24.          María del Puerto Fernández Guiance
25.          Manuel Besada Lorenzo
26.          Manuel Berredo Rielo
27.          Jorge RiBarbosa
28.          María Esperanza Veiga Sánchez
29.          José Pena Calvar
30.          Laura Vidal Ogando
31.          Carlos Luis Vázquez Marinelli

Ningún comentario:

Publicar un comentario