12 de maio de 2019

POIO

Alfonso Rueda: “Ángel Moldes está no mellor momento para ser alcalde de Poio e dar o relevo a un goberno canso e sen ideas”  

• O presidente provincial participou na Romaría do Monte Castrove nun acto ao que tamén acudiron Ana Pastor e Ethel Vázquez.  

• Do candidato á Alcaldía nas eleccións municipais do 26 de maio destacou a súa preparación, a súa ilusión e o seu traballo durante os últimos anos.  

• Moldes: “Só hai dúas alternativas, o continuismo do bipartito ou a renovación do PP cunha candidatura preparada e con ilusión”


O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda con Ángel Moldes, candidato á Alcaldía de poio, na presentación da candidatura

Infogauda / Poio

 O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou hoxe que Ángel Moldes está “no mellor momento” para ser o próximo alcalde de Poio e dar o relevo a un goberno “canso, desgastado e sen ideas” que xa non aporta nada.  “Xa vai sendo hora de cambio”, resaltou durante a súa participación na Romaría do Monte Castrove, organizada polo PP local e a que tamén asistiron Ana Pastor e Ethel Vázquez.  

 Nesta liña, apelou a aúnar o voto no PP como única alternativa ao actual goberno, apostando por outorgar un amplo respaldo ao candidato popular á Alcaldía de Poio, Ángel Moldes. “Unha persoa preparada, que quere gobernar o seu concello, que traballou de sobra durante estes anos e que merece ser o próximo alcalde”, incidiu.  “O PP sae a gañar en Poio o 26 de maio como no resto dos concellos da provincia”, dixo o presidente provincial ante máis de 600 persoas.  

 Pola súa parte, ás portas das eleccións municipais “máis importantes da historia de Poio”, Ángel Moldes afirmou que só hai dúas opción: “O continuismo encarnado no actual goberno bipartito ou a renovación que representa a candidatura do PP cun equipo xoven, preparado e con ilusión”.   

 Tras agradecer o apoio multitudinario dos veciños, nunha cita na que estivo acompañado por todos os membros da súa candidatura, Moldes apuntou que en caso de ser elexido alcalde rebaixará definitivamente os impostos aos veciños, coa reducción do IBI e a eliminación das plusvalías, así como adiantou a aposta no seu programapola construcción de infraestruturas deportivas e espazos para a veciñanza. “En definitiva, gobernar para todos”, para o que reclamou un apoio masivo nas vindeiras eleccións do 26 de maio

Ningún comentario:

Publicar un comentario