O Concello encarga a redacción do proxecto para a apertura da rúa Inguieiros
A rúa Carril, que une a rúa San Queitano coa saída da rúa Inguieiros, está grafiada no PXOM do 1993 como unha rúa de nova apertura.
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal que preside o alcalde Antonio Lomba Baz deu a coñecer no día de hoxe que "o Concello da Guarda está tramitando a adxudicación da redacción do proxecto para a apertura da Rúa Inguieiros, un proxecto que permitirá solventar unha demanda do barrio da Cruzada e dos veciños de San Caetano, para mellorar a mobilidade entre este barrio e a zona do Porto da Guarda.
A rúa Carril, que une a rúa San Queitano coa saída da rúa Inguieiros, está grafiada no PXOM do 1993 como unha rúa de nova apertura. Na actualidade está urbanizada aproximadamente ata a metade da súa lonxitude pero non ten saída cara o Porto, o que provoca certo illamento dos veciños e veciñas desta contorna.
No pasado houbo un proxecto de apertura completa que non foi posible executalo dado que, segundo unha sentencia xudicial non se adaptaba a normativa. Nestes momentos esta conexión faise máis necesaria que cando se concebíu en 1993, dado que permitiría un desafogo do tráfico local e unha mellora da mobilidade entre a Cruzada e o Porto.
Dende o Concello da Guarda adxudicase a redacción deste proxecto por un importe total de 6.897 euros (IVE engadido), prevendo a apertura deste vial na próxima lexislatura".
Ningún comentario:
Publicar un comentario