23 de maio de 2019

A GUARDA

CULTURA

O encontro musical «Entre Margens» chegará á Guarda 

O día 30 de maio ás 20:30 horas na Praza do Reló


 Infogauda / A Guarda

 A Guarda acollerá o concerto de Sergio Mirra TríoPan de Capazo enmarcado no «Entre Margens», un festival de música tradicional e danza que se celebra na veciña localidade portuguesa de Caminha.  

 Pero este ano o festival cruza o río Miño no ferry-boat para aterrar na nosa vila cunha proposta musical na que os músicos  traerán á Guarda un concerto que non deixará a ninguén indiferente e que terá lugar o día 30 de maio, ás 20:30 horas na Praza do Reló. En caso de choiva será no Centro Cultural.  

 «Entre Margens – Encontro de Tocadores» celébrase en Caminha do 30 de maio ao 2 de xuño cunha ampla programación na que se inclúen mostra de construtores de instrumentos, presentación de publicacións, CD´s e libros, foliadas, bailes, charlas, animación de rúa, cinema, exposicións e moito máis.  

 O acto inaugural terá lugar o 31 de maio ás 17:00h (P) a bordo do ferry boat "Santa Rita de Cássia", coa participación de músicos galegos e portugueses.

Ningún comentario:

Publicar un comentario