8 de maio de 2019

A GUARDA

CULTURA

Nova sesión de Contos Contados, Día das Letras Galegas

O sábado día 11 de maio, ás 11:30 horas, na Biblioteca Pública Municipal da vila


 Infogauda / A Guarda

 Este sábado día 11 de maio ás 11:30 horas, na Biblioteca Pública Municipal de A Guarda, terá lugar a primeira sesión de Contos Contados do mes de maio, adicada especialmente ao Día das Letras Galegas. 

 Neste oportunidade realizarase un obradoiro adicado a Antón Fraguas, no que os asistentes colorearán as fichas didácticas "Primavera das Letras" con ilustracións inspiradas na vida e  obra de Antón Fraguas. Este material é unha iniciativa da Real Academia Galega. 

 As sesións de Contos Contados atraen este ano a numerosos pais e nais, avós e avoas, acompañados dos seus fillos e netos, incrementando notablemente a participación con respecto a anos pasados. 

 Dende o Departamento de Cultura convídase unha vez máis a asistir a esta actividade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario