Hostaleiros guardeses serven máis de 1.500 tapas
Na primeira fin de semana de Tapearte
Infogauda / A Guarda
Boa acollida na primeira fin de semana da Ruta Gastronómica Tapearte con máis de 1.500 tapas servidas entre os 16 bares e restaurantes participantes.
Ao longo da pasada fin de semana, coincidindo co Día das Letras Galegas, a vila da Guarda acolleu numerosas actividades coma desfiles e festivais, a celebración do Día Internacional dos Museos, a Festa das Letras, visitas guiadas ao Monte Santa Trega, entre outras propostas que motivaron que moitos veciños e visitantes aproveitasen para participar na degustación desta nova edición de Tapearte, unha saborosa proposta gastronómica.




Como nas anteriores edicións os participantes da ruta optarán a varios premios. Haberá un premio directopara aqueles que entreguen o seu pasaporte con mínimo de 13 selos. Neste caso o agasallo é un lote de dúas botellas do Forte de San Lourenzo de licor café e crema de oruxo. Ademais haberá un sorteo dun móbil Samsung A40 para aqueles pasaporte cun mínimo de 6 sellos que sexan depositados nas furnas de cada local e tamén na Oficina de Turismo.
Nesta edición participan o Art Café coa tapa «Xorzart», o Bitadorna coa tapa «Crunch negro con mix mar, vexetais en texturas e xeado», o Camping Santa Tecla coa tapa «Tournedo Rossini», o Celtic coa tapa «Chocos con arroz na súa tinta», a Pizzería Di Marco coa tapa «Carpaccio de polbo á feira», a Tapería El Paseo coa tapa «O Paseo», El Perro Verde coa tapa «Arepa rechea», o Enxebre coa tapa «Pelotiñas enxebre», o Gaviota coa tapa «Bacalao ao pisto de morena», La Botica coa tapa «Sabores afumados», La Casilla coa tapa «Delicia Galega», Marbella coa tapa «Empanada da horta», Novo Funil coa tapa «Cazola de Xabarín», o Xantar coa tapa «Crunk», o Xeito coa tapa «Espetada mariñeira» e Y la Luna? coa tapa «Impórtame un pemento».
Ningún comentario:
Publicar un comentario