3 de maio de 2019

A GUARDA

O grupo de goberno reclama a construción da nova Escola Infantil Municipal

Antonio Lomba Baz (alcalde de A Guarda): “(...) A tardanza da Consellería de Política Social en axilizar esta obra deixa quedar en evidencia a Xunta de Galicia que está incumprindo na Guarda o seu compromiso de acadar o ratio de prazas de infantil que recomenda a Unión Europea (...)”


O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, xunto coa concelleira de Asuntos Sociais, María Teresa Vicente Baz, diante da sede da Escola Galega de Administración Pública
Foto: C.A.G.
 
Infogauda / A Guarda

 O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, xunto coa concelleira de Asuntos Sociais, María Teresa Vicente Baz asistiron onte xoves día 2 de maio á Asemblea Xeral do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. 

 Entre outras cuestións, tratouse a aprobación dos orzamentos do Consorcio para 2019. Neste punto, despois da intervención da mesa, abriuse a quenda de palabra na que o alcalde de A Guarda aproveitou para recordarlle a Asemblea, a situación da nosa localidade respecto das escolas infantís

 Por unha banda o concello ten solicitado, dende 2016, a inclusión da Escola Infantil Municipal na rede de Escolas Infantís Galiña Azul, e por outra parte lembrou que están a espera do convenio por parte da Consellería para a construción dunha nova escola

A XUNTA DE GALICIA ESTÁ INCUMPLINDO  A RATIO QUE RECOMENDA A UNIÓN EUROPEA

 O alcalde Antonio Lomba Baz afirmou na devandita asemblea: Na actualidade A Guarda conta cos terreos, co proxecto e os permisos para construír unha Escola Infantil no solar onde atópanse as vellas vivendas dos mestres no antigo colexio público Manuel Rodríguez Sinde. A tardanza da Consellería de Política Social en axilizar esta obra deixa quedar en evidencia a Xunta de Galicia que está incumprindo na Guarda o seu compromiso de acadar o ratio de prazas de infantil que recomenda a Unión Europea do 33%. No caso da Guarda o ratio é do 20%, o que obriga a moitas familias guardesas a buscar prazas nos concellos da contorna


Infografía da ubicación e acabado previstos para a nova Escola Infantil Municipal
Fonte: C.A.G.

 Por outra banda o xerente do Consorcio desculpou a lentitude na incorporación da Escola Infantil  de A Guarda, xunto con outras de Galicia, porque levan anos regularizando as contas das que xa pertencen á rede. Isto representa a xuízo do alcalde guardés, unha falta de axilidade, da administración imperdoable e un prexuízo para algunhas vilas galegas

 Antonio Lomba tivo ocasión de trasladar as mesmas demandas á conselleira cando rematou a asemblea, despois de saudala e recordarlle que leva pedindo unha cita para falar dos temas de Servizos Sociais de A Guarda dende que tomou posesión en setembro de 2017.

Ningún comentario:

Publicar un comentario