3 de maio de 2019

MEAÑO

Alfonso Rueda: “Carlos Viéitez ten todas as cualidades necesarias para ser un gran alcalde de Meaño”   
 
• O presidente provincial destaca o seu compromiso, capacidade de traballo e cercanía aos veciños cun equipo que combina renovación con experiencia e que está preparado para gobernar. 
 
• O candidato á Alcaldía presentou a lista de 23 persoas coa que concorrerá ás eleccións do 26 de maio. 
 
 Infogauda / Meaño
 
 O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou hoxe que Carlos Viéitez ten “todas as cualidades necesarias para ser un gran alcalde de Meaño”, destacando a súa ilusión, capacidade de traballo, honestidade e cercanía aos veciños, combinada cunhas propostas seiras e unha xestión eficaz.   
 
 Durante a presentación da lista coa que Carlos Viéitez concorrerá ás eleccións municipais do día 26 de maio, nas que espera obter un gran resultado que permita un goberno estable, Rueda definiu ao candidato popular como o mellor relevo para continuar a labor desenvolvida por Lourdes Ucha ao frente do Concello, á quen agradeceu os seus anos de dedicación incansable para mellorar a vida dos veciños de Meaño.  
 
 O presidente provincial suliñou a valentía de Carlos Viéitez por ter dado o paso adiante de presentar unha candidatura “cun equipo preparado para gobernar desde o primeiro día”, que combina experiencia con renovación e que vai ter detrás todo o apoio dos populares galegos. “É unha persoa  comprometida ao máximo co seu concello e que sabe dialogar e negociar para conseguir sacar adiante proxectos concretos”, engadiu.  
 
 Pola súa banda, o candidato á Alcaldía de Meaño presentou a lista de 23 persoas coas que concorrerá ás vindeiras eleccións municipais, destacando a súa vontade integradora e de gobernar para todos, situando a localidade “sempre en primeiro plano”. Carlos Viéitez comprometeu “traballo, traballo e traballo”, cun programa orientado á xeración de emprego e oportunidades, ás políticas sociais, á cultura e o medio ambiente. 
 
CANDIDATURA DO PP DE MEAÑO ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 26 DE MAIO

1.         Carlos Viéitez Fernández
2.                Ramón Tilve Castro
3.                María Estévez Barbeito
4.                Ángel Currás Pérez
5.                María Dolores Balboa Lores
6.                Ramón Alfonso Piñeiro
7.                Rosalina Lima Prado
8.                María Victoria Sineiro Iglesias
9.                Ramiro Pazos Chaves
10.          Milagros Pérez Gándara
11.          María Esther Gómez Torres
12.          José Manuel Arosa Rosal
13.          Adrián Muelle Chan

14.          María Esther Frieiro Rodiño
15.          Jorge Pazos Martínez
16.          Teresa Martín González
17.          Juan Portela Gómez
18.          Carlos Cores Hermida
19.          Paula Caneda Peiteado
20.          Gonzalo Piñeiro Taboada
21.          Iván Fernández Brea
22.          Beatriz Aspres Vidal
23.          Carlos Filgueira Domínguez

Ningún comentario:

Publicar un comentario